Mary Prince, nada en Brackish Pond (Bermudas) arredor do 1 de outubro de 1788 e finada despois de 1833,[1] foi unha abolicionista e autobiógrafa británica, nada nunha familia de escravos de orixe africana. Despois da súa fuxida,[2] cando vivía en Londres, escribiu o seu relato de escravitude Mary Prince, unha escrava das indias occidentais (1831), que foi a primeira información sobre a vida dunha muller negra publicada no Reino Unido. Esta descrición en primeira persoa das brutalidades da escravitude, publicada nun momento en que esta aínda era legal nas Bermudas e nas colonias británicas do Caribe, tivo un efecto estimulante no movemento antiescravitude. Foi reimpreso dúas veces no seu primeiro ano.
Prince transcribira a súa historia mentres vivía e traballaba en Inglaterra na casa de Thomas Pringle, fundador da Anti-Slavery Society. Ela marchara a Londres co seu dono e a súa familia en 1828 dende Antiga.
Tamén en 2007, o Museum in Docklands abriu unha nova galería e unha exposición permanente titulada London, Sugar & Slavery,[5] que acredita a Prince como unha autora que "tivo un papel crucial na campaña pola abolición".[3]
Representación noutros medios
Prince aparece como interese amoroso ficticio na ópera jazz Bridgetower – A Fable of 1807 (2007), de Julian Joseph con libreto de Mike Phillips, sobre o violinista negro do século XVIII George Bridgetower.[3][6]
No Reino Unido e Irlanda e en partes de Europa e Suramérica, Prince foi obxecto dun Google doodle o 1 de outubro de 2018, coincidindo co seu 230.º aniversario.[7][8]
Major Problems in American Women's History. Fifth Edition Stamford, Connecticut: Cengage Learning. Edited by Sharon Block at University of California, Irvine and Ruth M. Alexander at Colorado State University and Mary Beth Norton at Cornell University, p. 62.