Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Mary Read

Modelo:BiografíaMary Read

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Jane Read Editar o valor en Wikidata
1685 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte28 de abril de 1721 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Port Royal, Xamaica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpirata Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteA historical dictionary of British women (en) Traducir, (p.368) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Read-4055 Find a Grave: 4219 Editar o valor en Wikidata

Mary Read, tamén coñecida como Mark Read, nada en 1685 e finada en Port Royal (Xamaica) o 28 de abril de 1721, foi unha pirata inglesa. Ela e Anne Bonny son dúas das máis famosas mulleres piratas de todos os tempos, e foi unha das poucas mulleres que foron arrestadas por piratería nos primeiros anos do séculos XVIII, clímax da idade de ouro da piratería.

Traxectoria

Primeiros anos

Mary Read naceu ilexitimamente en Inglaterra en 1685. A súa nai casara cun mariñeiro e tiña un fillo.[1] Despois de que o seu marido desaparecese no mar, a nai de Mary quedou embarazada e intentou ocultar o embarazo marchando a vivir cuns amigos no campo. Pouco despois, o seu fillo lexítimo morreu e ela deu a luz a Mary. Por problemas financeiros, decidiu disfrazar a Mary como o seu fillo morto para recibir apoio monetario da nai do seu marido. A avoa aparentemente foi enganada, e nai e filla viviron da herdanza ata a adolescencia de Mary. Vestida de rapaz, Mary atopou traballo como servente e logo empregouse nun barco.[2]

Máis tarde, uniuse ao exército británico, que era aliado das forzas holandesas contra as francesas (isto puido ser durante a guerra dos nove anos ou durante a guerra de sucesión española). Read, disfrazada de home, probouse na batalla, pero namorouse dun soldado flamengo. Cando casaron, empregou o seu cargo militar e os regalos dos seus compañeiros de intrigas para comprar unha pousada chamada "De drie hoefijzers" ("As tres ferraduras") preto do castelo de Breda nos Países Baixos.

Despois da recente morte do seu home, Read volveu a poñer roupas masculinas e volveu ao servizo militar en Holanda. Coa paz, non había lugar para avanzar, así que deixouno e embarcou nun buque con destino ás Indias Occidentais.[3]

Converténdose en pirata

Gravado contemporáneo de Mary Read

O barco de Read foi tomado polos piratas, aos que se uniu voluntariamente. Aceptou o perdón do rei en 1718 ou 1719 e fíxose corsaria, mais acabou por unirse á tripulación nun motín. En 1720 uniuse ao pirata John "Calico Jack" Rackham e a súa compañeira Anne Bonny, que ambos crían que era un home. O 22 de agosto de 1720, os tres roubaron un balandro chamado William[4] do porto de Nassau.[5][6] Os estudosos non teñen claro como as mulleres piratas como Read e ocultaban o seu sexo nun ambiente masculino.[7] Non obstante, algúns teorizaron que levar bombachos podería ser un xeito de ocultar a súa identidade, mais tamén simplemente roupa práctica que consolidaba o seu lugar de traballo a bordo entre outros mariños.

Cando Bonny dixo a Read que era unha muller (aparentemente porque se sentía atraída por ela), Read reveloulle que tamén era unha muller. A especulación sobre a relación entre Bonny e Read deu lugar a imaxes que as mostraban en batalla xuntas.[8]

Unha vítima dos piratas, Dorothy Thomas, deixou unha descrición de Read e Bonny: elas "levaban chaquetas de home e pantalóns longos, e panos atados nas súas cabezas: e ... tiñan cadanseu machete e pistola nas súas mans e maldicían e xuraban aos homes que matasen a súa [Dorothy Thomas]". Thomas tamén indicou que sabía que eran mulleres "pola grandura dos seus peitos".[9]

Captura e prisión

O 15 de novembro de 1720, o cazapiratas capitán Jonathan Barnet, tomou a tripulación de Rackham por sorpresa mentres realizaban unha festa de ron con outra tripulación inglesa en Negril Point na costa occidental de Xamaica.[10] Tras unha descarga de fogo inhabilitaron a nave pirata e a tripulación de Rackham e os seus "invitados" fuxiron á bodega, deixando só as mulleres e un dos outros loitando contra a abordaxe de Barnet[6] (tamén é posible que Rackham e os seus homes estivesen demasiado bébedos para pelexar). Seica Read disparou enfadada dentro da bodega, matando un home e ferindo outros, cando os homes non subiron loitar con elas. A tribulación de Barnet acabou por superar as mulleres. Rackham rendiuse pedindo tregua.[11]

Rackham e a súa tripulación foron arrestados e levados a xuízo na actual Spanish Town, onde foron sentenciados á forca por actos de piratería, como foron Read e Bonny. Con todo, as mulleres revelaron que ambas estaban embarazadas, e recibiron un aprazamento temporal da execución.[12]

Read faleceu dunha febre violenta estando en prisión. O seu enterro, o 28 de abril de 1721, aparece nos rexistros da igrexa de santa Catarina de Xamaica.[5] Non hai rexistro do enterro do seu bebé, o que suxire que morreu embarazada.

Notas

  1. Cordingly, David (2007). Seafaring women : adventures of pirate queens, female stowaways, and sailors' wives (2007 Random House Trade paperback ed.). New York: Random House Trade Paperbacks. ISBN 9780375758720. OCLC 140617965. 
  2. Cordingly, David (1996). Under the Black Flag: The Romance and the Reality of Life Among the Pirates. Nova York: Random House. p. 61. 
  3. Druett, Joan (2005) [2000]. She captains : heroines and hellions of the sea. Nova York: Barnes & Noble Books. ISBN 0760766916. OCLC 70236194. 
  4. Rogers, Woodes (10 de outubro de 1720). "A proclamation". The Boston Gazette. 
  5. 5,0 5,1 Woodard, Colin. "Mary Read Biography". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2020. Consultado o 07 de novembro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 Cordingly, David (2006). Under the Black Flag. New York: Random House. pp. 57–58. ISBN 978-0812977226. 
  7. O'Driscoll, Sally. "The Pirate's Breasts: Criminal Women and the Meanings of the Body." The Eighteenth Century 53, no. 3, 357-379 (2012). https://www.jstor.org/stable/23365017, 374
  8. O'Driscoll, Sally. "The Pirate's Breasts: Criminal Women and the Meanings of the Body." The Eighteenth Century 53, no. 3, 357-379 (2012). https://www.jstor.org/stable/23365017, 365
  9. Burl, Aubrey (2006). Black Barty: Bartholomew Roberts and his Pirate Crew 1718-1723. Stroud: Sutton Publishing. pp. 147–148. ISBN 9781846324338. OCLC 852757012. 
  10. Pallardy, Richard. "Anne Bonny". Encyclopædia Britannica. Consultado o 15 de xuño de 2015. 
  11. Baldwin, Robert (1721). The Trials of Captain John Rackam and other Pirates. Xamaica. 
  12. Johnson, Charles (1724). A General History of Pyrates (1.ª ed.). Londres: T. Warner. 
  13. Kain, Erik (10 de decembro de 2013). "The Surprisingly Beautiful Ending Of 'Assassin's Creed IV: Black Flag'". Forbes. Consultado o 24 de decembro de 2017. 
  14. Ehrhardt, Michelle (28 de setembro de 2015). "Assassin’s Creed: Syndicate to Feature First Trans Character". Out. Consultado o 24 de decembro de 2017. 
  15. Dnicola, Nick (30 de xullo de 2014). "The Assassins' Propaganda". PopMatters. Consultado o 24 de decembro de 2017. 
  16. Silver, Dan (29 de outubro de 2013). "Assassin's Creed IV Black Flag review: Will you have a whale of a time on high seas adventure?". Daily Mirror. Consultado o 24 de decembro de 2017. 
  17. Hamilton, Kirk (29 de outubro de 2013). "Assassin's Creed IV: Black Flag: The Kotaku Review". Kotaku. Consultado o 24 de decembro de 2017. 
  18. McIntee, David (20 de xaneiro de 2016). Fortune and Glory: A Treasure Hunter’s Handbook. Bloomsbury Publishing. p. 79. ISBN 9781472807861. 
  19. Mize, Clint (28 de outubro de 2013). "We played 'Assassin's Creed IV: Black Flag' and here's what we learned". MTV News. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2017. Consultado o 24 de decembro de 2017. 
  20. Wong, Steven (10 de novembro de 2014). "Assassin's Creed: Can the Assassins Win the War?". Shacknews. Consultado o 24 de decembro de 2017. 
  21. Schei, Kelley (2 de xaneiro de 2007). Zarker, Karen, ed. "True Caribbean Pirates". PopMatters. Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  22. Dziki, Oskar (8 de xuño d e2016). "Queen of the Seas (1961). Włoska heroina na morzu". Kinomisja (en polaco). Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  23. Patten, Dominic (2 de abril de 2017). Fleming, Mike, ed. "‘Black Sails’ Creators On Tonight’s Series Finale & More Possible Pirate Adventures". Deadline Hollywood (Penske Business Media, LLC). Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  24. "The Ballad of Mary Read and Anne Bonny, by The Baja Brigade". The Baja Brigade. Consultado o 6 de xuño de 2018. 
  25. "María Reimóndez cuestiona o xénero en ‘Pirata’". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 07 de novembro de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya