María Lago Lestón, nada en Muros en 1987, é unha farmacéutica e política galega do BNG.
Traxectoria
Licenciada en Farmacia. Nas eleccións municipais de 2015 ocupou o quinto posto na candidatura do BNG en Muros. Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura do BNG e foi elixida concelleira. Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura do BNG[1] e foi elixida alcaldesa grazas a un acordo co PSdeG.[2][3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas