A Mathematical Association of America (MAA) é unha sociedade profesional dedicada ás matemáticas adecuada para un nivel universitario.
A MAA fundouse no 1915 e ten a sede no Dupont Circle, barrio de Washington, D.C. A organización publica revistas e libros de matemáticas, incluíndo a American Mathematical Monthly , sendo a revista de matemáticas máis lida no mundo segundo rexistros do JSTOR.
Reunións
A MAA patrocina o festival de verán anual MathFest e xunta a American Mathematical Society organiza o Joint Mathematics Meeting, a primeiros de xaneiro de cada ano.
Publicacións
A asociación publica varias revistas asociada con Taylor & Francis:[1]
MAA FOCUS é o boletín informativo da asociación. Publica recursos online, a Mathematical Sciences Digital Library (Math DL). A este seguiulle no 2004, Convergence, e en 2005 MAA Reviews, un servizo de librería online e Classroom Capsules and Notes,un conxunto de notas das aulas.[2]
A MAA publica varias series de libros. As series son: Anneli Lax New Mathematical Library, Carus Mathematical Monographs, Classroom Resource Materials, Dolciani Mathematical Expositions, MAA Notes, MAA Textbooks, Problem Books, e Spectrum.[3]
Competicións
A MAA patrocina numerosas competicións para estudantes, incluíndo a competición William Lowell Putnam, as series de competicións online, e as competicións American Mathematics Competitions (AMC).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Bennett, Albert A. (1967). Brief History of the Mathematical Association of America Before World War II. The American Mathematical Monthly 74 (Mathematical Association of America). pp. 1–11. JSTOR 2314864. doi:10.2307/2314864.
- Lorch, Lee (1994). "The Painful Path Toward Inclusivity". Arquivado dende o orixinal o September 6, 2008. , talk by Lee Lorch at AMS Special Session, Cincinnati, January 1994. Reprinted in Case (1996).
- May, Kenneth Ownsworth, ed. (1972). The Mathematical Association of America: its first fifty years (PDF). Mathematical Association of America. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xaneiro de 2024. Consultado o 05 de marzo de 2024.
- Case, Bettye Anne (1996). A century of mathematical meetings: Published in connection with the 100th annual meeting of the American Mathematical Society, held in Cincinnati, Jan. 1994. American Mathematical Society. ISBN 978-0821804650.
- Jackson, Allyn (2007). MAA Prizes Presented in New Orleans (PDF). Notices of the American Mathematical Society 54. pp. 641–642.
- Hamilton, Richard (2007). MAA Prizes and Awards at the 2007 Joint Mathematics Meetings. MAA Online. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2007. Consultado o 05 de marzo de 2024. (includes citation for Lee Lorch)
Ligazóns externas