Mats Julian Hummels (pronuc. alemá: [ˈmats ˈhʊməls]), nado en Bergisch Gladbach, Renania do Norte-Westfalia, o 16 de decembro de 1988, é un futbolista internacional alemán que xoga como defensa central para o Borussia Dortmund da 1. Bundesliga alemá.
Traxectoria
Hummels naceu en Bergisch Gladbach no estado alemán de Renania do Norte-Westfalia. O seu pai, Hermann Hummels foi tamén futbolista e responsable da canteira do Bayern de Múnic até que foi substituído en marzo de 2012 polo exfutbolista Stephan Beckenbauer, fillo de Franz Beckenbauer.[1] O seu irmán máis novo, Jonas Hummels é tamén futbolista. Desde os seis anos, Hummels xogou nas categorías inferiores do Bayern, onde comezou xogando de dianteiro até que o seu pai moveuno a posición defensa sendo un adolescente. O 19 de decembro de 2006, asinou o seu primeiro contrato profesional co club até o 2010. Debutou co primeiro equipo o 19 de maio de 2007, no último partido da tempada 2006-07, fronte ao Mainz 05, con vitoria por 5-2 a favor dos bávaros.
Sen oportunidades en Múnic, uniuse en xaneiro de 2008 ao Borussia Dortmund en calidade de cedido. Na súa primeira tempada completa, estabeleceuse rapidamente como titular, conformando o centro da defensa habitual xunto ao serbio Neven Subotić, tamén nacido en decembro de 1988; porén, perdeuse os últimos meses de competición debido a unha lesión que o afastou dos terreos de xogo. En febreiro de 2009, asinou de maneira definitiva co club de Dortmund,[2] que pagou ao Bayern unha cantidade próximo aos catro millóns de euros.[3]
A campaña 2010-11 foi incluso mellor que a anterior para Hummels. Xa consolidado como unha peza clave na defensa, axudou ao Dortmund a lograr a mellor marca defensiva na Bundesliga e á consecución do título de Liga. A actuacións de Hummels permitiulle gañarse os eloxios da prensa e adestradores en xeral, sendo considerado un dos mellores defensas na Bundesliga e en Europa. O Borussia Dortmund conseguiu o bicampeonato a seguinte tempada. Mesmo, Hummels anotou un dos goles cos que o club de Dortmund venceu 5-2 fronte ao seu exequipo, o Bayern de Múnic, na final da Copa de Alemaña 2012. O 3 de xuño de 2012, Hummels estendeu o seu contrato co Borussia Dortmund até o verán de 2017.[4]
Títulos
Club
- Bayern München
Selección
- Alemaña
Individual
Véxase tamén
Ligazóns externas
Notas