Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Maurice Filion

Modelo:BiografíaMaurice Filion
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Montreal, Canadá Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xullo de 2017 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Quebec, Canadá Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata

Maurice Filion, nado en Montreal (Quebec, Canadá) o 12 de febreiro de 1932 e finado en Quebec (Canadá) 28 de xullo de 2017, foi un adestrador canadense de hóckey sobre xeo.

Traxectoria

Filion non logrou facer carreira como xogador, converténdose en adestrador en 1969. Pasou tres exitosas tempadas á cabeza dos Quebec Remparts da QMJHL. Na súa segunda tempada gañou a Memorial Cup cun equipo formado por numerosas estrelas futuras da National Hockey League (NHL), entre os que destacaba Guy LaFleur. O seu equipo clasificouse de novo para disputar a Memorial Cup ao ano seguinte, mais perdeu nas semifinais.[1] Persoalmente foi nomeado adestrador do primeiro equipo das estrelas na tempada 1969-70, e no segundo equipo na tempada seguinte.[2]

En 1972, deixou os Remparts para unirse á nova franquía profesional da cidade nunha liga maior: os Quebec Nordiques da World Hockey Association.[3] Filion asinou cos Quebec Nordiques durante a súa primeira tempada na (WHA) en 1972-73. Inicialmente estaba previsto que exercera como director de scouting mais, despois de que a antiga estrela da NHL e adestrador inicial do Quebec, Maurice Richard, renunciase por motivos de saúde, asumindo nese momento o seu posto Filion. O carácter interino de Filion foi retirado despois do seu exitoso comezo con 5 vitorias e 2 derrotas na súa carreira na WHA. Despois da tempada, Fillion asumiu o papel de director xeral do equipo.[4]

Filion exerceu como director xeral do equipo ata 1988, cando foi substituído por Martin Madden; entón Filion moveuse ao posto de vicepresidente de operacións de hóckey, mais regresou ao papel de director xeral interino en 1990. Tamén exerceu como adestrador durante parte da tempada 1977-78 da WHA, e da tempada 1980-81 da NHL, cando se fíxo cargo do banco do equipo logo da marcha de Jacques Demers, mais non permaneceu moito tempo no cargo, xa que Michel Bergeron ocupou o seu posto despois de tan só seis partidos.[5] Nestas dúas tempadas tomou o relevo de adestradores despedidos.[6][7]

Dende que deixou o seu posto nos Nordiques exerceu de vicepresidente do equipo de fútbol da Universidade de Laval e logo como prefecto de disciplina da LHJMQ.[5]

Dende a tempada 2005-06, o Trophée Maurice Filion premia ao mellor director xeral da LHJMQ.[8]

Estatísticas como adestrador

Equipo Tempada Liga regular Play-offs
P V D E OTL Pts Clasificación Resultado
QUE 1972–73 77 33 39 5 - 71 5º na East Division da WHA Non se clasificou para os play-offs
QUE 1977-78 21 13 7 1 - (83) 4º na WHA Perdeu en semifinais
QUE 1980–81 6 1 3 2 - (78) 4º da Adams Division da NHL Non se clasificou para os play-offs

Notas

  1. Internet Hockey Database (ed.). "Maurice Filion" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  2. lhjmq (ed.). "Équipes d'étoiles de la LHJMQ / QMJHL All-star Teams" (en inglés e francés). Archived from the original on 23 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  3. Bilan du siècle (ed.). "Maurice Filion (1932-) Entraîneur, Administrateur sportif" (en francés). Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  4. The Montreal Gazette, ed. (28 de outubro de 1972). "Filion follows Richard as Nordiques' coach" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 Les Nordiques. Toute l'histoire de 1972 à 1995 (ed.). "Maurice Filion" (en francés). Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  6. The Montreal Gazette, ed. (20 de xuño de 1980). "Filion is new Quebec coach" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  7. The Times News, ed. (1 defebreiro de 1990). "Quebec fires Madden" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  8. {PDF] Lista dos trofeos individuais da LHJMQ en http://www.lhjmq.qc.ca[Ligazón morta] (en francés)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya