Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Melbourne Grand Prix Circuit


Circuíto de Melbourne
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración 20 de novembro de 1953
Reinauguración: 7 de marzo de 1996
Outros nomes Circuíto de Albert Park
Carreiras Actuais:
Fórmula 1
Gran Premio de Australia (1996–2019, 2022)
Supercars Championship
Melbourne 400 (2018–2019, 2022)
S5000 (2022)
Porsche Carrera Cup Australia Championship
(2008, 2011–2020, 2022)

Antigas:
Australian GT Championship (2008–2010, 2016–2019)
Ferrari Challenge Asia-Pacific (2018–2019)
Australian F4 (2019)
Porsche Supercup (1999)
Australian Drivers' Championship (1957–1958, 1996)

Localización Australia Melbourne, Australia
Capacidade ~125.000 (44.000 sentados)[1][2]
Circuíto (2021–presente)
Lonxitude km 5´278
Curvas 14
Récord tempo 1:19.813
Récord piloto Charles Leclerc
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2022
Circuíto (1996–2020)
Lonxitude km 5´303
Curvas 16
Récord tempo 1:24.125
Récord piloto Alemaña Michael Schumacher
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2004
Circuíto orixinal (1953-1958)
Lonxitude 5´027 km.
Curvas 9
Volta rápida (1958) 1:50.0
Piloto récord Reino Unido Reino Unido Stirling Moss
Escudaría récord CooperClimax
Categoría Fórmula libre
Coordenadas 37°50′59″S 144°58′6″L / -37.84972, -144.96833
Vista do Circuíto
Os Boxes no circuíto de Albert Park.

O Circuíto do Gran Premio de Melbourne (en inglés: Melbourne Grand Prix Circuit) é un circuíto de carreiras urbano que se arma nos arredores do Lago Albert Park, ao sur da cidade de Melbourne, Australia. É recoñecido por albergar anualmente o Gran Premio de Australia de Fórmula 1.

Historia

Antes de entrar no campionato de Fórmula 1, o circuíto de Albert Park xa recibira carreiras en 1953 e 1956. Despois de que Adelaida fora o escenario anual da Fórmula 1 durante 11 anos, en 1996 a Fórmula 1 mudouse a Melbourne, escenario da primeira proba da temporada, despois de pehar Adelaida a temporada anterior.

Para a realización da proba, reasfaltouse para garantir consistencia e suavidade. Jacques Villeneuve fixo a primeira pole position. Arrancou e mantivo o liderado ata a volta 53, cando foi superado polo seu compañeiro de equipo Damon Hill despois de ter problemas coa presión do aceite do coche. Así, a carreira acabou cun dobrete de Williams. Eddie Irvine, de Ferrari, completou o podio, na terceira posición.

Vista
Vista

Deseño

O circuíto utiliza seccións da estrada normal que circunvala o lago de Albert Park, un pequeno lago artificial ao sur do distrito central de negocios de Melbourne. Os tramos de estrada que se utilizan foron reconstruídos antes do evento inaugural en 1996 para asegurar a consistencia e suavidade. Como resultado, en comparación con outros circuítos urbanos, a pista de Albert Park ten unha gran superficie lisa. Antes de 2007 existían só uns poucos circuítos no calendario de Fórmula 1 cun espello de auga preto da pista. Moitos dos novos circuítos, como Valencia, Singapur e Abu Dabi imitaron esa característica.

Aínda que é un trazado urbano (ou semi-urbano, xa que moitas das rúas foron remodeladas co Gran Premio en mente), a pista é relativamente ancha e rápida. O trazado considérase que é bastante rápido e relativamente fácil de conducir, os pilotos comentaron que a colocación coherente das curvas permítelles aprender facilmente o circuíto e conseguir tempos competitivos. Con todo, o terreo chan ao redor do lago, xunto cun deseño da pista que conta con poucas rectas reais, significa que a pista non é moi propicia para adiantar, lamentablemente, o terreo chairo e as barreiras de seguridade impiden ter unha boa vista do trazado, coa excepción das tribunas.

Cada ano, a maioría das escapatorias de terra, pontes peonís, tribunas e demais infraestruturas móntanse ao redor dun mes antes da fin de semana do Gran Premio e retíranse dentro das 6 semanas posteriores ao evento. Algunhas zonas ao redor do circuíto (incluíndo un gran centro acuático, un campo de golf, o Lakeside Stadium, algúns restaurantes e a mariña) restrinxen o acceso durante a fin de semana de Gran Premio. A pesar da popularidade do evento, moitos habitantes locais teñen os seus reparos respecto ao mesmo debido ao movemento xerado, ao ruído e ao diñeiro investido que, afirman, ben podería usarse para construír un circuíto permanente afastado das zonas residenciais. Isto provocou varias manifestacións contrarias á realización da carreira en forma anual. Non obstante, o evento é razoablemente popular en Melbourne e Australia (cunha gran poboación europea e un interese xeral no deporte de motor).

O 4 de xullo de 2008, a F1 anunciou que máis de 300.000 persoas asistiron aos catro días do Gran Premio de Melbourne, aínda que a venda real de entradas foi posteriormente discutido polos medios locais. Nunca houbo unha carreira nocturna en Albert Park, aínda que os eventos de 2009 e 2010 comezaron ás 5:00 p.m. hora local. O contrato actualdo circuíto para o Gran Premio conclúe en 2025.[3]

Tras o aprazamento do Gran Premio de Australia en 2021, debido á pandemia de COVID-19, a pista sufriu cambios de trazado, a parte máis destacada foi a modificación das curvas 9–10 dunha gran curva dereita-esquerda ata unha curva dereita-esquerda que se arrastra rapidamente nas curvas 11 e 12. Outras modificacións incluíron o ensanchamento da pista de boxes en 2 m. e a reformulación da curva 13.[4] Tamén se ensancharon algunhas curvas como a curva 1, a curva 3, a curva 6, curvas 7 e 15; e espérase que estas modificacións reduzan os tempos das voltas de cualificación en ata cinco segundos.[5]

Características

  • Espectadores: 80.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´278 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 58 voltas = 306´124 quilómetros. 16 curvas en total (6 esquerda, 10 dereita)
  • Recta máis longa: 860 metros
  • Distancia ata a Curva 1: 350 metros
  • Curva máis rápida: 250 km/h, Curvas 11/12
  • Curva máis lenta: 90 km/h, Curva 15
  • Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 318 km/h con DRS, 308 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 64% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 13% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta: 55 por volta, 3.190 por carreira
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: alto
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 23 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´34 segundos.
  • Marca volta: 2011, 1’23.529 – Sebastian Vettel (Red Bull)

Tódolos gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Melbourne

Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1 1996 Damon Hill} Williams Renault G 1:32:50,491 h 5,302 km 58 198,736 km/h 10 de marzo Australia Australia
2 1997 David Coulthard McLaren Mercedes G 1:30:28,718 h 5,302 km 58 203,926 km/h 9 de marzo
3 1998 Finlandia Mika Häkkinen}} McLaren Mercedes B 1:31:45,996 h 5,303 km 58 201,102 km/h 8 de marzo
4 1999 Eddie Irvine Ferrari Ferrari B 1:35:01,659 h 5,303 km 57 190,852 km/h 7 de marzo
5 2000 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:34:01,987 h 5,303 km 58 196,255 km/h 12 de marzo
6 2001 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:38:26,533 h 5,303 km 58 187,465 km/h 4 de marzo de
7 2002 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:35:36,792 h 5,303 km 58 193,011 km/h 3 de marzo
8 2003 David Coulthard McLaren Mercedes M


1:34:42,124 h 5,303 km 58 194,868 km/h 9 de marzo
9 2004 Alemaña Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:24:15,757 h 5,303 km 58 219,011 km/h 7 de marzo
10 2005 Italia Giancarlo Fisichella Renault Renault M


1:24:17,336 h 5,303 km 57 215,168 km/h 6 de marzo
11 2006 España Fernando Alonso Renault Renault M


1:34:27,870 h 5,303 km 57 191,990 km/h 2 de abril
12 2007 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari Ferrari B 1:25:28,770 h 5,303 km 58 215,893 km/h 18 de marzo
13 2008 Lewis Hamilton McLaren Mercedes B 1:34:50,616 h 5,303 km 58 194,578 km/h 16 de marzo
14 2009 Jenson Button Brawn Mercedes B 1:34:15,784 h 5,303 km 58 195,776 km/h 29 de marzo
15 2010 Jenson Button McLaren Mercedes B 1:33:36,531 h 5,303 km 58 197,144 km/h 28 de marzo
16 2011 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:29:30,259 h 5,303 km 58 206,184 km/h 27 de marzo
17 2012 Jenson Button McLaren Mercedes P 1:34:09,565 h 5,303 km 58 195,991 km/h 18 de marzo de
18 2013 Finlandia Kimi Räikkönen Lotus Renault P 1:30:03,225 h 5,303 km 58 204,926 km/h 17 de marzo
19 2014 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:32:58,710 h 5,303 km 57 195,059 km/h 16 de marzo}
20 2015 Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:31:54,067 h 5,303 km 58 200,808 km/h 15 de marzo
21 2016 Alemaña Nico Rosberg Mercedes Mercedes P 1:48:15,565 h 5,303 km 57 167,526 km/h 20 de marzo
22 2017 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 1:24:11,672 h 5,303 km 57 215,409 km/h 26 de marzo
23 2018 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 1:29:33,283 h 5,303 km 58 206,069 km/h 25 de marzo
24 2019 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes Mercedes P 1:25:27,325 h 5,303 km 58 215,954 km/h 17 de marzo
2020 cancelado debido á Pandemia de COVID-19
2021
25 2022 Charles Leclerc Ferrari Ferrari P 1:27:46,548 h 5,278 km 58 209,254 km/h 10 de abril
26 2023 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Honda RBPT P 2:32:38.371 h 5,278 km 58 120,332 km/h 2 de abril
27 2024 España Carlos Sainz Ferrari Ferrari P 1:20:26.843 h 5,278 km 58 km/h 24 de marzo

Recórds
Piloto: Michael Schumacher (4) • Países pilotos: Alemaña/Gran Bretaña (9 cada un) • Deseñadores: Ferrari (8) • Fabricantes de motores: Mercedes (11) • Fabricante de pneumáticos: Bridgestone (10)

Voltas rápidas

Ata o 10 de abril de 2022, os récords oficiais de voltas de carreiras no circuíto de Albert Park aparecen como:[6]

Clase Piloto Vehiculo Tempo Data
Circuíto de Gran Premio (2021–presente): 5.278 km
Fórmula 1 Charles Leclerc Ferrari F1-75 1:20.260 10 de abril de 2022
S5000 Australia Aaron Cameron Ligier JS F3-S5000 1:40.3696[7] 8 de abril de 2022
Supercars Championship Australia Scott Pye Holden Commodore (ZB) 1:46.006[8] 9 de abril de 2022
Porsche Carrera Cup Australia Max Vidau Porsche 992 GT3 Cup 1:48.6349[9] 8 de abril de 2022
Circuíto de Gran Premio (1996–2020): 5.303 km
Fórmula 1 Alemaña Michael Schumacher Ferrari F2004 1:24.125 7 de marzo de 2004
Formula 3 Bruno Senna Dallara F304 Spiess Opel 1:50.8640 3 de marzo de 2006
Supercars Championship Scott McLaughlin Ford FG X Falcon 1:54.6016 22 de marzo de 2018
Fórmula 5000 Ken Smith Lola T430 Chevrolet 1:54.6975 28 de marzo de 2010
Australian GT Nova Zelandia Craig Baird Mercedes-AMG GT3 1:55.1134 17 de marzo de 2016
Porsche Carrera Cup Ben Barker Porsche 997 GT3 Cup 1:58.3646 26 de marzo de 2011
Ferrari Challenge Asia-Pacific James Weiland Ferrari 488 Challenge 1:59.1147 23 de marzo de 2018
TCR Touring Car Australia Garth Tander Audi RS 3 LMS TCR 2:04.3614 14 de marzo de 2020
Nations Cup Australia Paul Stokell Lamborghini Diablo GTR 2:00.685[10] 8 de marzo de 2003
Formula Ford Australia Chaz Mostert Spectrum 012 Ford 2:04.4805 27 de marzo de 2010
Group A Australia Terry Lawlor Nissan Skyline R32 GT-R 2:10.8171 13 de marzo de 2015
Aussie Racing Cars Australia James Small Commodore-Yamaha 2:16.0196 15 de marzo de 2008
Group C Australia Milton Seferis Holden VH Commodore SS 2:18.9539 14 de marzo de 2015
SuperUtes Australia Grant Johnson Holden Commodore Ute 2:22.3877 1 de abril de 2006
Circuíto orixinal (1953–1958): 5.027 km
Fórmula Libre Stirling Moss Cooper T45 Climax 1:50.0 30 de novembro de 1958
Sports car racing Stirling Moss Maserati 300S 1:55.8[11] 25 de novembro de 1956

Trazados

Notas

  1. Andrew Rickart (3 de abril de 2022). "Capacity crowd for Australian Grand Prix as ticket sell out". Highway F1. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de abril de 2022. A capacidade do recinto está entre 120.000 e 130.000, e os organizadores esperan que o sábado acudan máis de 100.000 persoas para a clasificación da Fórmula Un. 
  2. "Australian F1 Grand Prix ready to go at enhanced Albert Park circuit". Austadiums. 7 de abril de 2022. Tal foi a demanda para a carreira de 2022, que se engadiron varias tribunas novas ao circuíto, e ampliáronse outras, con 10.000 asentos adicionais, aumentando os asentos a uns 39.000 en 17 tribunas. 
  3. "Australian Grand Prix contract extension: Formula 1 to race in Melbourne until at least the end of 2025 | Formula 1®". formula1.com. 
  4. "Albert Park F1 layout will change for 2021 Australian GP". motorsport.com (en inglés). Consultado o 2021-02-20. 
  5. "New Albert Park layout will be five seconds faster". motorsport.com (en inglés). Consultado o 2021-04-01. 
  6. "Natsoft Race Timing". natsoft.com.au. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 31 de maio de 2017. 
  7. "2022 Albert Park S5000 Statistics". Consultado o 8 de abril de 2022. 
  8. "2022 Albert Park Supercars Statistics". Consultado o 9 de abril de 2022. 
  9. "Round 1, 2022: AGP Race 2". Consultado o 8 de abril de 2022. 
  10. "Procar Stats" (PDF). procar.com.au. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xuño de 2004. Consultado o 31 de maio de 2017. 
  11. Australian Tourist Trophy, Australian Motor Sports, January 1957, pages 18 to 20

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Read other articles:

هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (سبتمبر 2023) حثل شحمي مكتسب متعمم معلومات عامة من أنواع حثل شحمي،  ومرض جلدي نادر  [�...

 

Airport serving Okinawa, Japan For the military use of this facility, see Naha Air Base. For the airport in Naha, North Sulawesi, Indonesia (NAH/WAMH), see Naha Airport (Indonesia). Naha Airport那覇空港Naha KūkōIATA: OKAICAO: ROAHSummaryAirport typePublic / militaryOwner/OperatorMinistry of Land, Infrastructure, Transport and TourismServesOkinawa PrefectureOpened1933; 90 years ago (1933)Hub forJapan Transocean AirPeachRyukyu Air CommuterFocus city forAll Nippon Airways...

 

Eragon Ficha técnicaDirección Stefen FangmeierProducción John DavisAdam GoodmanGil NetterGuion Peter BuchmanBasada en Eragon de Christopher PaoliniMúsica Patrick DoyleFotografía Hugh JohnsonMontaje Roger BartonMasahiro HirakuboChris LebenzonVestuario Kym BarrettProtagonistas Edward SpeleersSienna GuilloryJeremy IronsRobert CarlyleDjimon HounsouGarrett HedlundAlun ArmstrongJoss StoneRachel WeiszJohn Malkovich Ver todos los créditos (IMDb)Datos y cifrasPaís Estados UnidosReino UnidoHungr...

Private college located in DeWitt, New York, U.S. This article is about the Jesuit college. For the historically black college in Memphis, Tennessee, see LeMoyne–Owen College. Le Moyne CollegeTypePrivate collegeEstablished1946; 77 years ago (1946)Religious affiliationRoman Catholic (Jesuit)Academic affiliationsAJCU, NCEAEndowment$180.4 million[1]PresidentLinda M. LeMura[2]Academic staff172 Full-time (Fall 2021)[3]Students3,409 (Fall 2021)[3]...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (فبراير 2019) شريان بنكرياسي اثنا عشري سفلي أمامي تفاصيل يتفرع من شريان بنكرياسي اثنا عشري سفلي  معرفات ترمينولوجيا أناتوميكا 12.2.12.055   FMA 70479  [عدل في ويكي بيانات...

 

1979 compilation album by Johnny CashTall ManCompilation album by Johnny CashReleased1979RecordedFebruary 1961 - October 1967GenreCountryLabelBear Family BFX 15033Johnny Cash chronology Johnny & June(1978) Tall Man(1979) Silver(1979) Professional ratingsReview scoresSourceRatingAllmusic[1] Tall Man is a compilation album and 61st overall album by American country singer Johnny Cash, released on Bear Family Records in 1979 (see 1979 in music). Like the preceding two Bear Fa...

Village in Cheshire, England For other uses, see Disley (disambiguation). This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Disley – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (April 2008) (Learn how and when to remove this template message) Human settlement in EnglandDisleyDisley village centreDisleyLocation...

 

Juif et juive de Rhodes, villayet des Îles d'Archipel dans le Dodécanèse (1873) L’histoire des Juifs à Rhodes et dans le reste du Dodécanèse remonte à l'Antiquité. Ces Juifs romaniotes, appelés Rodezlis pendant la période turque, sont de nos jours peu présents sur leur île, Rhodes, en Grèce, mais leurs descendants maintiennent l'héritage communautaire à l'étranger. Histoire Antiquité La présence juive à Rhodes est notée pour la première fois à la fin de l'époque hell�...

 

Australian citizens who are fully or partially of Maltese descent This article uses bare URLs, which are uninformative and vulnerable to link rot. Please consider converting them to full citations to ensure the article remains verifiable and maintains a consistent citation style. Several templates and tools are available to assist in formatting, such as reFill (documentation) and Citation bot (documentation). (August 2022) (Learn how and when to remove this template message) Maltese Australia...

Ecumenical Patriarch of Constantinople in 1216 This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Maximus II of Constantinople – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (December 2009) (Learn how and when to remove this template message) Maximus II of ConstantinopleEcumenical Patriarch of ConstantinopleChur...

 

Pirámide de Tlahuizcalpantecuhtli (Pirámide B), donde sobresalen los Atlantes en la zona arqueológica de Tollan-Xicocotitlan, en Tula de Allende. Zona arqueológica de Huapalcalco (del náhuatl huapalli o huapalitl, tabla/viga pequeña; calli, casa, y la preposición locativa -co, “lugar de la casa de madera”. La Casa de Piedra en Zacualtipan, según la tradición, la construyó hacia 1538 el fraile Bernardo Quezada como penitencia para optar por una vida monástica.[1]​ Vista pa...

 

Hungarian politician The native form of this personal name is Dobi István. This article uses Western name order when mentioning individuals. István Dobi3rd Chairman of the Presidential Council of the People's Republic of HungaryIn office14 August 1952 – 14 April 1967Preceded bySándor RónaiSucceeded byPál LosoncziChairman of the Council of Ministers of the People's Republic of HungaryIn office20 August 1949 – 14 August 1952PresidentÁrpád SzakasitsSándor Rónai...

American writer of The Green Book travel guides (1892–1960) Victor Hugo GreenGreen in 1956BornNovember 9, 1892Manhattan, New York, United StatesDied16 October 1960(1960-10-16) (aged 67)Manhattan, New York, United StatesResting placeHackensack Cemetery, New JerseyOccupationTravel writerSpouse Alma S. Duke ​(m. 1918)​ Victor Hugo Green (November 9, 1892 – October 16, 1960) was an American postal employee and travel writer from Harlem, New York City,[1&#...

 

Algerian footballer and coach Mahmoud Guendouz Personal informationDate of birth (1953-02-24) February 24, 1953 (age 70)Place of birth El Harrach, French AlgeriaHeight 1.84 m (6 ft 1⁄2 in)Position(s) Central DefenderSenior career*Years Team Apps (Gls)1975–1984 NA Hussein Dey 1984–1985 FC Martigues 35 (0)1985–1987 JS El Biar International career1977–1986 Algeria[1] 69 (4)Managerial career1990–1993 Al Jazira Club1993–1997 Baniyas Club1997–1998 Al-...

 

Hong Kong TV series or program The Family LinkPoster師奶兵團GenreModern DramaStarringSheren TangCecilia YipKiki SheungMichael TseDavid ChiangKenneth MaLeila TongFala ChenDerek KwokWilson TsuiCountry of originHong KongOriginal languageCantoneseNo. of episodes21ProductionRunning time45 minutes (approx.)Original releaseNetworkTVBReleaseMay 14 (2007-05-14) –June 10, 2007 (2007-06-10) The Family Link (Traditional Chinese: 師奶兵團) is a TVB modern drama series broadca...

Amalsyah TarmiziInformasi pribadiLahir10 Juni 1962 (umur 61)JakartaPartai politik  NasDemSuami/istriKania Riffianti S.Sos.AnakAji Bima AmrizaArvin Dito AmrizaAmalia Shafa AmrizaAlma materAkademi Militer (1985)Karier militerPihak IndonesiaDinas/cabang TNI Angkatan DaratMasa dinas1985—2020Pangkat Brigadir Jenderal TNISatuanZeniSunting kotak info • L • B Brigadir Jenderal TNI (Purn.) Amalsyah Tarmizi, S.I.P. (lahir 10 Juni 1962) adalah seorang Purnawirawa...

 

1916 film directed by Hugh Ford The Woman in the CaseFilm still of Alan Hale and Pauline FrederickDirected byHugh FordMartyn Keith (ass't director)Written byDoty Hobart (adaptation)Based onThe Woman in the Caseby Clyde FitchProduced byAdolph ZukorStarringPauline FrederickAlan HaleCinematographyNed Van BurenDistributed byParamount PicturesRelease date August 6, 1916 (1916-08-06) Running time50 minutesCountryUnited StatesLanguageSilent (English intertitles) The Woman in the Case ...

 

Main article: Beer in Ireland Sign at the Market Street entrance of the St James's Gate Brewery in Dublin This is a list of breweries in Ireland. Brewing has a long history in Ireland; the country's largest city, Dublin, is home to one of the largest breweries in the world, St James's Gate Brewery, founded by Arthur Guinness more than 250 years ago. With Irish people being the world's sixth biggest drinkers of beer,[1] there has been plenty of opportunity for new breweries to gain a s...

English charity air ambulance This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) A major contributor to this article appears to have a close connection with its subject. It may require cleanup to comply with Wikipedia's content policies, particularly neutral point of view. Please discuss further on the talk page. (June 2019) (Learn how and when to remove this template message) This article r...

 

Horse racetrack Fort Erie Race TrackBeginning of a raceLocation230 Catherine StreetFort Erie, Ontario, CanadaCoordinates42°55′7″N 78°56′7″W / 42.91861°N 78.93528°W / 42.91861; -78.93528Owned byCarl Paladino, Joe Mosey and Joel CastleDate opened16 June 1897Course typeFlat/thoroughbredNotable racesPrince of Wales StakesOfficial website Fort Erie Race Track is a horse racing facility in Fort Erie, Ontario, Canada, that opened on June 16, 1897. The racetrack is...

 
Kembali kehalaman sebelumnya