Mellow Gold é o terceiro álbum do músico estadounidense de rock alternativo Beck, así como a súa estrea cun gran selo, a DGC. Mellow Gold foi editado o 1 de marzo de 1994, cando o seu tema "Loser" estaba no punto máis alto da súa popularidade. A decidida actitude comercial de Mellow Gold converteuse por sorpresa nun éxito comercial, e o álbum conseguiu ser disco de platino. Debido á novidade do estilo de "Loser", O éxito de Beck foi percibido inicialmente coma puntual, pero a súa seguinte edición, o aclamado Odelay, confirmaron o seu talento.
Nun esforzo de introducir o álbum en tendas como Wal-Mart e Kmart, que non venden discos coa etiqueta "parental advisory", foi editada unha versión "limpa" do traballo.
Mellow Gold acadou o número 13 nos Estados Unidos e o 41 no Reino Unido. No mes de xullo do 2008 Mellow Gold levaba vendidas 1,2 millóns de copias só nos Estados Unidos.
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Beck Hansen, agás onde se indique.
Créditos dos samples
"Loser"
"Fuckin with My Head (Mountain Dew Rock)"
"Soul Suckin' Jerk"
"Sweet Sunshine"
"Beercan"
|
---|
Álbums de estudio | |
---|
Outros álbums | |
---|
Sinxelos de álbums | |
---|
Outros sinxelos | |
---|