Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Meseta Central

Modelo:Xeografía físicaMeseta Central
(es) Meseta Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoMeseta
rexión xeográfica Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaPenínsula Ibérica Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°30′N 3°30′O / 40.5, -3.5
Comparte fronteira conCordal Cantábrico
Serra Morena
Sistema Ibérico
Macizo Galaico
Montes Vascos
Cordilleiras Béticas Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude650 m Editar o valor en Wikidata
Superficie400.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Climaclima mediterráneo continental Editar o valor en Wikidata
Relevo da Península Ibérica.
Vista panorámica da Meseta Central (Submeseta Sur).
Paisaxe de Peñalba de Ávila (Submeseta Norte).

A Meseta Central é a unidade de relevo máis antiga da Península Ibérica e a que ocupa a maior parte da súa superficie. A súa orixe atópase no macizo hespérico xurdido co movemento de oroxénese herciniano na era primaria. Este macizo foi arrasado pola erosión na era secundaria quedando convertido nunha penechaira que constitúe o zócolo da actual meseta, posteriormente alterado na era terciaria polos movementos da oroxénese alpina e a erosión e sedimentación ocorridas na era cuaternaria.

Durante a era Terciaria a oroxénese alpina afectou ao antigo macizo hespérico alterando os seus rebordes, producindo a aparición do Macizo Galaico, os montes de León e os Montes Vascos e o pregamento dos seus rebordes como son a Cordilleira Cantábrica, ao norte, o Sistema Ibérico, ao nordés, e a flexión-falla de Serra Morena ao sur. Esta oroxénese produciu o choque da placa africana contra a europea comprimindo no medio aos restos de macizo hespérico producindo ademais a fractura do zócolo que deu lugar aos montes de Toledo e o Sistema Central. Ademais os restos do macizo bascularon cara ao oeste sendo máis tarde sometidos a un proceso de sedimentación que está máis presente no seu lado oriental.

O resultado final dos procesos xeolóxicos é unha meseta cunha altitude media ao redor dos 600 metros, aínda que a altitude media da Submeseta Norte, a situada ao setentrión do Sistema Central, é maior que a meridional e onde o proceso de sedimentación é maior no seu lado oriental mentres que o occidental son máis visibles os materiais duros e cristalinos orixinais do macizo hespérico. A concepción da Meseta Central como unha gran alti-chaira separada do resto e situada no centro da Península é relativamente recente e non existía antes do século XIX: foi Alexander von Humboldt, precisamente, quen primeiro falou da existencia desta unidade do relevo central español.

Kembali kehalaman sebelumnya