Mia Amor Mottley, nada o 1 de outubro de 1965, é unha política barbadense, presidenta do Partido Laborista de Barbados (BLP) e primeira ministra dende maio de 2018. É a primeira muller en ocupar o cargo.[1]
Carreira
Mottley foi membro do parlamento da circunscrición de Saint Michael North East dende 1994. De 1994 a 2008, ocupou unha sucesión de carteiras ministeriais, incluído o cargo de Fiscal Xeral de Barbados, converténdose na primeira muller nomeada como tal. Tamén é membro de Diálogo Interamericano.[2]
Foi dúas veces Líder da Oposición na Cámara da Asemblea de Barbados: primeiro de 2008 a 2010 e logo de 2013 a 2018. En 2018, o BLP liderado por Mottley gañou cunha vitoria histórica nas eleccións xerais do 24 de maio, asegurando os 30 escanos na Cámara, sendo o primeiro partido en lograr esta fazaña, ademais de gañar o 74,6 % do voto popular; a porcentaxe máis alta alcanzado por un partido nunha elección xeral.[3]
Notas