Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Michael Collins (político)

Modelo:BiografíaMichael Collins

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ga) Mícheál Seán Ó Coileáin
(en) Michael John Collins Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1890 Editar o valor en Wikidata
Clonakilty, Irlanda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de agosto de 1922 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Bandon, Irlanda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, morto en combate Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Glasnevin Editar o valor en Wikidata
Teachta Dála
9 de setembro de 1922 – 9 de agosto de 1923 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 3rd Dáil (en) Traducir

Circunscrición electoral: Cork Mid, North, South, South East and West (en) Traducir

Teachta Dála
16 de agosto de 1921 – 8 de xuño de 1922 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 2nd Dáil (en) Traducir

Circunscrición electoral: Cork Mid, North, South, South East and West (en) Traducir

Electo en: 1921 Irish elections (en) Traducir
Minister for Finance (Ireland) (en) Traducir
2 de abril de 1919 – 22 de agosto de 1922
← Eoin MacNeillW. T. Cosgrave (pt) Traducir →
Minister for Justice (Ireland) (en) Traducir
22 de xaneiro de 1919 – 1 de abril de 1919 – Arthur Griffith →
Teachta Dála
21 de xaneiro de 1919 – 10 de maio de 1921 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 1st Dáil (en) Traducir

Circunscrición electoral: South Cork (en) Traducir

Membro do 31º Parlamento do Reino Unido
14 de decembro de 1918 – 22 de agosto de 1922 (finado no cargo)

Circunscrición electoral: South Cork (en) Traducir

Member of the Parliament of Northern Ireland (en) Traducir
Presidente do Governo Provisório da Irlanda do Sul (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónKing's College de Londres
The Dickson Poon School of Law (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Dublín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, oficial, estadista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoSinn Féin Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeEstado Libre Irlandés Editar o valor en Wikidata
Rango militarComandante en xefe Editar o valor en Wikidata
ConflitoAlzamento de Pascua
Guerra de Independencia irlandesa
Guerra Civil Irlandesa Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaKitty Kiernan Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Thom's Irish Who's Who (en) Traducir
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0172543 BNE: XX4950890 WikiTree: Collins-1984 Find a Grave: 4125 Editar o valor en Wikidata
Michael Collins dirixíndose á multitude en Cork no día de San Patricio de 1922.

Michael John ("Mick") Collins (en irlandés Mícheál Seán Ó Coileáin), nado en Sam's Cross (Condado de Cork) o 12 ou o 16 de outubro de 1890 e finado o 22 de agosto de 1922, foi un líder revolucionario irlandés, Ministro de Finanzas na República de Irlanda, Director de Intelixencia do IRA, e membro da delegación irlandesa durante as negociacións do Tratado Anglo-Irlandés, tanto como Presidente do Goberno Provisional e como Comandante en Xefe do Exército Irlandés.

Foi asasinado en agosto de 1922, durante a Guerra Civil Irlandesa. A pesar de que a maioría dos partidos políticos irlandeses recoñece a súa contribución á fundación do estado moderno irlandés, os membros e os simpatizantes do Fine Gael gardan a súa memoria con particular estima, téndoo como pai fundador do seu movemento.

Traxectoria

Naceu preto de Clonakilty. Aínda que moitas biografías dan como data de nacemento o 16 de outubro de 1890, a súa lápida di que naceu o 12 de outubro de 1890.

A súa familia, muintir Uí Choileáin, fora unha vez a dos señores de Uí Chonaill, preto de Limerick, pero como moitos irlandeses, foran desposuídos e reducidos ó nivel de simples granxeiros. A súa granxa de 145 acres (59 hectáreas) fíxolles máis acomodados que a maioría dos granxeiros irlandeses de finais do século XIX. A irmá máis vella de Michael, Helena, fíxose monxa, e foi coñecida como Irmá Mary Celestine; foi profesora en Londres.

O seu pai, tamén Michael Collins, fora membro do movemento republicano feniano na súa xuventude, pero deixouno para traballar na granxa. O ancián Collins tiña sesenta anos cando casou con Marianne O'Brien, de vinte e tres anos. O seu pai morreu cando Michael tiña tan só seis anos.

Collins foi un rapaz brillante e precoz, cun fero temperamento e un convencido nacionalismo, incitado por un ferreiro local, James Santry, e despois, na Lisavaird National School, por un director de escola do lugar, Denis Lyons, membro da Irish Republican Brotherhood (IRB, organización que Collins dirixiría finalmente). Collins era espelido, áxil e gustábanlle os deportes, o que non lle distanciaba do seu desenvolvemento persoal e das súas ideas.

Tras deixar a escola, Michael (entón con 15 anos) seguiu os pasos de moita xente da Irlanda, e trasladouse para Londres. Alí viviu coa súa irmá máis vella Johanna ("Hannie") e co fillo dela, Daniel.

En febreiro de 1906 Collins examinouse polo Servizo Civil Británico, no cal (para pasalo) gabou o "máis grande imperio",[1] e foi empregado polo Servizo Postal en xullo de 1906.

Uniuse á Gaelic Athletic Association e, a través dela, á IRB, unha sociedade secreta que tiña como fin a liberación de Irlanda. Sam Maguire, un republicano protestante de Dunmanway, no Condado de Cork, introduciu o rapaz Collins de 19 anos na IRB. Co tempo tería un papel principal nesta organización.

O levantamento de Pascua de 1916

Michael Collins deuse a coñecer durante o Levantamento de Pascua de 1916. Organizador hábil de considerable intelixencia, era altamente respectado no IRB, tanto que fora nomeado encargado de finanzas para o Conde Plunkett, pai dun dos organizadores do levantamento, Joseph Mary Plunkett, do que Collins se converteu en axudante de campo.

Cando tivo lugar o devandito levantamento o Luns de Pascua de 1916, loitou a carón de Pádraig Pearse e outros na Oficina Postal de Dublín. O levantamento converteuse (como pensaban moitos) nun desastre militar. Mentres moitos celebraban o feito de que por fin se producira un levantamento, crendo na teoría do "sacrificio de sangue" (segundo a cal as mortes dos líderes do levantamento inspiraría a outros), Collins púxose en contra ó ver a súa inexperiencia, especialmente arredor do asalto a edificios importantes que eran imposibles de defender, dos que era imposible fuxir e difíciles de subministrar (durante a Guerra de Independencia el asegurouse de evitar tales tácticas de "cercar os edificios emblemáticos", cos seus soldados operando como guerrillas contra os británicos, atacándoos repentinamente e retirándose xusto despois, minimizando as perdas e aumentando o dano causado).

Proclamación da República Irlandesa, leída por Pádraig Pearse ás portas da Oficina Xeral de Correos de Dublín ó comezo do Levantamento de Pascua de 1916.

Collins, como moitos dos participantes no levantamento, foi arrestado, case mandado á forca e recluído no Campo de Internamento de Frongoch. Alí, como esperaban moitos, amosou o seu hábil liderado. Para a data da liberación xeral, Collins convertérase nunha das figuras liderantes do Sinn Féin, un pequeno partido nacionalista que o goberno británico e os medios de comunicación irlandeses responsabilizaron equivocamente do levantamento. Foi rapidamente requirido polos superviventes do levantamento, para capitalizar a notoriedade que o movemento gañara cos ataques británicos. En outubro de 1917, con habilidade, Collins converteuse en membro da executiva do Sinn Féin e director da organización dos Óglaigh na hÉireann; Éamon de Valera foi presidente de ámbalas dúas organizacións.

Primeiro Dáil

Como tódolos membros maiores do Sinn Féin, Michael Collins foi nomeado para ocupar un escano nas eleccións xerais de 1918 para elixir os parlementarios irlandeses para a Casa Británica dos Comúns en Londres. E como a maioría deles, Collins foi elixido, converténdose en parlamentario por Cork Sur. Porén, ó contrario que os seus rivais do Partido Parlamentario Irlandés, os parlamentarios do Sinn Féin anunciaron que eles non tomarían posesión dos seus escanos en Westminster, pero que establecerían un Parlamento Irlandés en Dublín. Ese novo parlamento, chamado Dáil Éireann (en galego Asemblea de Irlanda, véxase Primeiro Dáil Éireann) reunidos en Mansion House (Dublín) en xaneiro de 1919. De Valera e os líderes do Sinn Féin foron arrestados. Collins fora avisado pola súa rede de contactos e alertara ás figuras importantes do Sinn Féin. De Valera optou por ignorar as advertencias, crendo que se os arrestos se levaban a cabo constituirían un golpe de propaganda, só para atoparse con que, cos líderes detidos, poucas persoas estaban dispostas a faceren o necesario nos medios de comunicación. En ausencia de Éamon de Valera, Cathal Brugha foi elixido Príomh Aire (literalmente primeiro ministro, pero traducido a miúdo como "Presidente do Dáil Éireann"), para ser substituído por de Valera, cando Collins o axudou a escapar da prisión de Lincoln en abril de 1919.

Collins tivo en 1919 varios cargos. No verán foi elixido presidente da IRB (e polo tanto, coas ideas desta organización, presidente da República Irlandesa). En setembro foi nomeado director de Intelixencia do Irish Republican Army,[2] no que se converteran os Voluntarios (o nome simboliza a vontade da organización de ser o exército da república irlandesa). A Guerra de Independencia Irlandesa comezou o mesmo día que o Primeiro Dáil se reuniu en xaneiro de 1919, cando dous policías foron tiroteados por Voluntarios do IRA que actuaron sen orde previa, en Soloheadbeg, Condado de Tipperary. (Véxase tamén Dan Breen)

Ministro de Finanzas

En 1919, o xa atarefado Collins recibiu outra responsabilidade máis cando De Valera o nomeou Ministro (Aireacht) de Finanzas.

Era comprensible que nas circunstancias dunha guerra brutal, na que os ministros eran propensos a seren arrestados ou asasinados en calquera momento pola Policía Irlandesa, por calquera da súas dúas organizacións paramilitares (os Black and Tans e os Auxiliaries, ou ben polo Exército Británico, a maioría dos ministros existiran só no papel, ou ben como unha ou dúas persoas traballando nunha habitación dunha casa particular.

Mais, porén, ese non foi o caso de Collins, quen formou un Ministerio de Finanzas que foi quen de organizar unha grande emisión de bonos na forma dun "Empréstito Nacional" para fundar a nova República Irlandesa. Tal foi a reputación de Collins que incluso Lenin oíu verbo dese espectacular empréstito nacional, e enviou un representante a Dublin para pedir prestado cartos á República Irlandesa para axudar a fundar a República Rusa, ofrecendo algunha das Coroas Imperiais de Rusia coma garantía. (As xoias permaneceron nunha caixa forte de Dublín, esquecidas por tódalas partes, ata os anos 1930, cando foron atopadas por casualidade).

Visto dende os nosos días, a magnitude do traballo de Collins e os seus logros foron impresionantes. Dende crear un batallón especial de asasinos chamados "Os Doce Apóstolos" para matar axentes británicos ata a organización dun "Empréstito Nacional" de fama internacional; dende dirixir o IRA ata dirixir o goberno cando De Valera viaxou e permanaceu nos Estados Unidos por un longo período de tempo; e organizar unha operación de contrabando de armas; Collins case se converteu nunha revolucion dun só home.

Collins e Richard Mulcahy foron os dous principais organizadores do Exército Republicano Irlandés, e ata onde lles foi posible dirixiron as accións das espalladas e fortemente localizadas unidades guerrilleiras. A Collins se lle atribúe a miúdo a organización das "Columnas Volantes" da guerrilla do IRA durante a Guerra de Independencia, aínda que suxerir que Collins as organizou individualmente sería falso. Tivo unha parte prominente na formación das columnas volantes, pero o principal organizador tería sido Dick McKee, executado posteriormente polos Británicos en represalia polos feitos do Domingo Sanguento en 1920. Amais, unha gran parte da actividade do IRA foi levada a cabo por iniciativa dos líderes locais, seguindo as tácticas e a estratexia xeral establecidas por Collins ou Mulcahy.

Para 1920, cando tiña 30 anos de idade, os británicos ofreceron unha recompensa de 10.000 Libras Esterlinas (unha suma enorme daquela) por calquera información que levara á captura ou á morte de Michael Collins. A súa fama transcendeu alén o movemento do IRA alcumándoo "The Big Fella" (O Gran Tipo).

Entre os propios líderes nacionais, fixo inimizade con dúas persoas en particular: Cathal Brugha, o serio máis mediocre Ministro de Defensa que foi eclipsado polo seu colega de gabinete en temas militares (malia que Collins era oficialmente tan só Ministro de Finanzas e Brugha supostamente estaba en control da Defensa), e Éamon de Valera, o Presidente do Dáil Éireann (Parlamento Irlandés).

Tras unha tregua, fixéronse os preparativos para que tivese lugar unha conferencia entre o Goberno Británico e os líderes da, aínda non recoñecida, República Irlandesa. Á parte da Unión Soviética, a cal precisaba cartos e por tanto deu recoñecemento diplomático á República Irlandesa, ningún outro estado fixo tal, a pesar das prolongadas presións levadas a cabo en Washington por De Valera e outros prominentes estadounidenses de orixe irlandesa, así coma na Conferencia de Paz de París de 1919 por Seán T. O'Kelly.

Nun movemento que apampou os observadores, De Valera —quen en agosto de 1921 fixo que o Dáil (Parlamento) elevase a categoría ó seu posto de Primeiro Ministro a Presidente da República para convertelo no equivalente do rei Xurxo V nas negociacións— entón anunciou que, xa que o Rei non ía asistir, entón tampouco asistiría el como Presidente da República.

No seu lugar, co consentimento un tanto remiso do seu gabinete, De Valera nomeou un equipo de delegados encabezado por Arthur Griffith, con Michael Collins como o seu axudante. Con serias dúbidas, crendo que De Valera debería encabezar a delegación, Collins accedeu a ir a Londres.

Tratado Anglo-Irlandés

Os delegados do tratado irlandeses - Arthur Griffith (líder), Robert Barton e Michael Collins (con Robert Erskine Childers como Secretario Xeral da delegación) - estableceron a súa base de operacións no número 22 de Hans Place en Knightsbridge o 11 de outubro de 1921 e residiron alí até a conclusión das negociacións do tratado. As negociacións levaron ó acordo do Tratado Anglo-irlandés que foi asinado o 6 de decembro de 1921, que establecía un novo estado irlandés, chamado o "Estado Libre Irlandés" (unha tradución literal do termo irlandés Saorstát Éireann, que aparecía na cabeceira que de Valera empregaba, traducido polo mesmo de Valera menos literalmente como República Irlandesa.[3]

O Tratado establecía a posibilidade dun estado que abarcase a totalidade da Irlanda, suxeito ó dereito dunha rexión de seis condados ó nordeste que podía optar por saír do Estado Libre (o que fixo axiña). Se isto sucedía, unha Comisión de Fronteiras Irlandesa tería que ser establecida para redebuxar a fronteira irlandesa, que Collins esperaba que reduxese o tamaño da Irlanda do Norte o suficiente para facela inviable economicamente, permitindo así a unidade, xa que a maioría da poboación unionista estaba concentrada nunha área relativamente pequena ó leste do Ulster.

O novo Estado Irlandés sería un Dominio, cun parlamento bicameral, co poder executivo concedido ó rei pero exercido por un goberno irlandés elixido por unha cámara baixa chamada Dáil Éireann (traducida esta vez como Cámara dos Deputados), un sistema de cortes independente, e unha forma de independencia que excedía amplamente calquera cousa soñada por Charles Stewart Parnell ou polo Partido Parlamentario Irlandés.

Os republicanos puristas viron isto como unha traizón, coa substitución da república por un status de dominio dentro do Imperio Británico, e cun Xuramento de Lealdade feito ó rei. Actualmente sábese que o Xuramento era feito ó Estado Libre Irlandés, cun xuramento subsidiario de fidelidade ó rei como parte do Tratado, non ó rei unilateralmente. (Véxase Xuramento de Lealdade (Irlanda))

O Sinn Féin desmarcouse do tratado, e o Dáil debateu amargamente o problema durante dez días até que foi aprobado por 64 votos a favor e 57 en contra.[4] No proceso Cathal Brugha remarcou que Michael Collins non era un militar maior e mentres os xornais o describían como o home que gañou a guerra. A realidade era, porén, que Collins fora o home principalmente responsable do esforzo do IRA durante a Guerra Anglo-Irlandesa. De Valera uniuse á facción contraria ó tratado opoñéndose ó que consideraba como concesións. Os seus opoñentes acusárono de que tiña coñecemento previo de que a coroa tería representación segundo os termos do acordo. Os seus adversarios máis belixerantes acusárono de levar mal a delegación, sabendo que a república non sería posible nun curto espazo de tempo.

Tripla aprobación

Polos termos do tratado, tres parlamentos individuais tiñan que aprobar o documento.

  1. O Parlamento Británico fíxoo.
  2. Fíxoo tamén o Dáil Éireann, malia que a súa aprobación foi requirida por razóns políticas máis que legais: o Dáil Éireann, aínda que non tiña status na lexislación internacional e non era aceptado como o parlamento de Irlanda pola comunidade internacional (e permanecía como unha institución ilegal a ollos británicos), con todo tiña unha posición crucial de facto como representante das ideas dos membros do Sinn Féin e (xa que representaban á gran maioría do pobo irlandés) da opinión pública irlandesa.
  3. Ademais, o tratado requiría a aprobación dun terceiro corpo, a Casa dos Comúns de Irlanda do Sur, que constituía o parlamento "lícito" do estado de vinte e seis condados chamado Irlanda do Sur creado polo Acta de Goberno de Irlanda de 1920 (dos seus 128 membros, 124, sendo elixidos, formaran o "Segundo Dáil" en 1921, o corpo que aprobara o novo tratado en decembro de 1921). Aínda que poucos irlandeses recoñecíano como unha entidade válida, necesitábase que o Parlamento legal lle dese ó tratado o seu visto e prace, o que fixo amplamente. Os membros contrarios ó tratado ausentáronse, permanecendo tan só os membros favorables ó tratado e os catro unionistas electos (que nunca se sentaran no Dáil Éireann) na súa reunión de xaneiro de 1922.

Goberno provisional

Baixo a Constitución do Dáil adoptada en 1919, o Dáil Éireann (Parlamento Irlandés) continuou existindo. De Valera dimitiu da presidencia e procurou a reelección (nun intento de destruír o tratado recentemente aprobado), mais Arthur Griffith venceuno nas urnas e asumiu a presidencia. (Griffith chamábase a si mesmo "Presidente do Dáil Éireann" antes que "Presidente da República", como tan acotío adoitaba facelo De Valera.) Porén, ese goberno, ou Aireacht, non tiña status legal na Lei Constitucional británica, polo que xurdiu outro goberno co-existente, nominalmente responsable perante a Casa dos Comúns de Irlanda do Sur.

Collins formou o novo Goberno Provisional (Rialtas Sealadach na hÉireann), e el mesmo converteuse en Presidente do Goberno Provisional (ou sexa, Primeiro Ministro). Tamén permaneceu coma Ministro de Finanzas da administración republicana de Griffith. Un exemplo da complexidade que iso supuxo púidose ver na forma da súa investidura:

  • Segundo a teoría legal británica el era un primeiro ministro nomeado pola Coroa, investido pola Prerrogativa Real. Para ser investido dese xeito, tiña que reunirse formalmente co Lord Tenente de Irlanda, o Vizconde Fitzalan (a cabeza da administración británica na Irlanda).
  • Segundo a visión republicana, Collins reuniuse con Fitzalan para aceptar a rendición do Castelo de Dublín, a sede do goberno británico na Irlanda.
  • Segundo a teoría constitucional británica, reuniuse con Fitzalan para "bicarlle a man" (a denominación formal da investidura dun Ministro da Coroa), o feito de reunirse máis que asinar ningún documento, de investilo debidamente no seu cargo.

Ao parecer, Collins chegou sete minutos tarde a esta cerimonia e debido a iso foi reprendido por Fitzalan. Collins contestou:

Vós tivestes que agardar sete minutos mais nós tivemos que agardar setecentos anos!

O Tratado foi extremadamente controvertido na Irlanda. En primeiro lugar, Éamon de Valera, o Presidente da República Irlandesa non estaba conforme con que Collins asinase ningún trato sen a súa autorización nin a do seu gabinete. En segundo lugar, os contidos do Tratado foron tremendamente discutidos. De Valera e moitos outros membros do movemento republicano opúñanse a que a Irlanda tivese un status de dominio de seu do Imperio Británico e ao simbolismo de ter que facer un xuramento de lealdade ao Rei británico. Tamén foi controvertida a retención británica do control de tres importantes portos da costa sur da Irlanda pola Mariña Real Británica. Ambas as cousas ameazaban con cederlle á Gran Bretaña o control sobre a política exterior irlandesa. Case a metade dos deputados do Dáil opuxéronse ao Tratado, o cal foi aprobado o 7 de xaneiro de 1922, por 64 votos a 57, unha marxe de tan só 7 votos. E o máis importante foi que a maioría do Exército Republicano Irlandés se opuxo ao tratado, abrindo así as posibilidades dunha guerra civil.

Curiousamente, por outra banda a partición da Irlanda entre o Estado Libre de Irlanda e a Irlanda do Norte non foi controvertida. Unha das principais razóns diso foi que Collins estaba planeando en segredo lanzar unha guerra de guerrillas clandestina contra o Estado do norte. Durante os primeiros meses de 1922, xa estivera enviando unidades do IRA á fronteira e mandando armas e cartos ás unidades norteñas do IRA. En maio-xuño de 1922, el e máis o Xefe do Estado Maior do IRA, Liam Lynch organizaron unha ofensiva de unidades do IRA — tanto a favor coma en contra do Tratado — ao longo de toda a nova fronteira. As armas británicas subministradas ao Goberno Provisional de Collins foron intercambiadas coas armas das unidades do IRA, que foron enviadas ao norte. Esta ofensiva foi cancelada oficialmente o 3 de xuño debido á presión británica e Collins fixo pública unha declaración, dicindo que non se permitiría invadir a área dos seis condados a ningunha das tropas, tanto a aquelas que están so control oficial (pro-tratado) coma a aquelas que están adscritas ao Executivo (IRA, anti-tratado).[5] Porén, os ataques a baixa escala continuaron na fronteira. Tal actividade foi interrompida polo estalido da guerra civil no sur, pero se Collins vivise, tiña tódalas papeletas de ter lanzado unha ofensiva guerrilleira a grande escala contra a Irlanda do Norte. Por iso, a maioría das unidades do norte apoiaban a Collins e 524 deles pasáronse ao sur para unírense ao Exército do Estado Libre na Guerra Civil Irlandesa.

Nos meses que precederon ao estalido da guerra civil en xuño de 1922, Collins tentou desesperadamente pechar as fisuras no movemento nacionalista para evitar a guerra. De Valera, que se opoñera ao Tratado no Dáil, abandonou a asemblea cos seus seguidores. Collins asegurou un compromiso, o "pacto", no cal as dúas faccións do Sinn Féin, pro- e anti-Tratado, presentaríanse conxuntamente ás eleccións do Estado Libre, tras o cal formarían unha coalición de goberno.

Collins propuxo que o Estado Libre tivese unha constitución republicana, que non mencionase ao Rei Británico, sen repudiar o Tratado, un compromiso aceptable para todos agás para os republicanos máis intransixentes. Para fomentar a unidade militar, estableceu un "comité de reunificación do exército" con delegados das faccións pro- e anti-Tratado. Tamén fixo esforzos para empregar a secreta Irmandade Republicana Irlandesa, da que era presidente, para conseguir que os oficiais do IRA aceptasen o Tratado. Así e todo, os británicos vetaron a proposta de constitución republicana baixo a ameaza dun bloqueo económico, argumentando que asinaran o Tratado de boa fe e os seus termos non podían cambiarse. Xa que logo, Collins foi incapaz de reconciliar á facción anti-Tratado. As accións seguintes por parte dalgúns homes do IRA opostos ao Tratado conduciu a loitar e á posterior guerra civil.

Guerra Civil Irlandesa

En abril de 1922, un grupo de douscentos homes do IRA contrarios ó tratado ocuparon o Na Ceithre Chúirteanna en Dublín nun desafío ó goberno provisional. Collins, que quería evitar a guerra civil a calquera custo, non os atacou até xuño de 1922, cando a presión inglesa forzou a man. O 22 de xuño de 1922, Sir Henry Wilson, un xeneral británico retirado, sufriu disparos até morrer por parte de activistas do IRA en Belgravia, Londres. Naquel momento, supúxose que a facción contraria ó tratado do IRA era a responsable e Winston Churchill díxolle a Collins que, de non moverse contra os golpistas, el, (Churchill) usaría tropas británicas para facelo.

De feito, foi probado dende entón que o mesmo Collins ordenou matar a Wilson como represalia pola súa participación nos ataques ós católicos na Irlanda do Norte. Joe Dolan — un membro do "Squad" ou unidade de asasinatos de Collins durante a Guerra de Independencia e en 1922 capitán do Exército do Estado Libre Irlandés — revelou isto nos anos 50, xunto coa revelación de que Collins ordenoulle tentar rescatar os dous voluntarios antes de que fosen executados.[6] De calquera xeito, isto forzou a Collins a actuar contra os membros do IRA gornecidos no Na Ceithre Chúirteanna e a provocación final veu cando eles mataron o Xeneral do Estado Libre Irlandés J.J. O'Connell. Tras unha derradeira tentativa de persuadir os homes de que abandonasen o edificio, Collins pediu prestados dúas grandes pezas de artillaría ós británicos e bombardeou o edificio até a rendición dos que resistían nel.[7]

Isto levou á Guerra Civil Irlandesa cando a comezou a loita polo control de Dublín entre os membros do IRA contrarios ó tratado e as tropas do Estado Libre Irlandés. Baixo a supervisión de Collins, o Estado Libre rapidamente tomou o control da capital. En xullo de 1922, as forzas contrarias ó tratado controlaban a provincia sureña de Munster e outras varias áreas do país. De Valera e os outros deputados contrarios ó tratado aliñáronse coa facción do IRA contraria a el. A mediados de 1922, Collins fixo efectivas as súas responsabilidades como Presidente do Goberno Provisional para converterse en Comandante en Xefe do Exército Irlandés, o cal arrodeou os núcleos de membros do IRA antitratado. O Exército do Estado Libre que fora armado e fundado polos británicos foi despregado decontado para a guerra civil. Collins, xunto con Richard Mulcahy e Eoin O'Duffy decidiron unha serie de desembarcos en áreas controladas polos republicanos que retomaron Munster e o oeste en xullo-agosto de 1922. Como parte da súa ofensiva, Collins viaxou a súa cidade nativa de Cork, contrariamente ós consellos dos seus compañeiros, e a pesar da súa doenza de estómago e da depresión. Collins semella que contestou ós seus camaradas que Non me dispararán no meu propio condado.[8]

Morte

A tumba de Michael Collins.

En ruta a través do Condado de Cork o 22 de agosto de 1922, na vila de Béal na mBláth (voz irlandesa para "a boca de flores"), Collins foi asasinado nunha emboscada que durou aproximadamente corenta minutos, entre as 7:30 e as 8:10 da tarde. Collins foi a única vítima mortal na acción. Ordenou ó seu convoi parar e devolver o fogo, no canto de escoller a opción máis segura de viaxar no seu coche, ou acollerse á seguridade do coche blindado que lles acompañaba, como o seu compañeiro, Emmet Dalton, desexara. Collins tiña 31 anos cando morreu. Non hai consenso sobre quen efectuou o disparo fatal, e incluso a afiliación do asasino é descoñecida.[9] Algúns libros suxeriron que o disparo foi efectuado por Denis ("Sonny") O'Neill, un antigo tirador do Exército Británico morto en 1950. Isto é sostido por testemuñas oculares do ocorrido, así como acerca do tipo de munición empregada para matalo: o tipo de bala empregada, chamada "dumdum" ou bala "flat nosed", era comunmente empregada por Black and Tans. O'Neill admitiu trala emboscada que el estivo a empregar este tipo de munición. Alén disto, na autopsia os doutores concluíron que o disparo fora un golpe directo, e non unha bala rebotada, examinando o tamaño e a forma da ferida.[10] Asustados por que algo podería ocorrerlle o "tipo grande", os homes de Collins levaron o seu corpo de volta a Cork onde foi transportado cara a Dublín xa que temían que o corpo fose roubado nunha emboscada se o corpo era transportado por estrada. O seu corpo estivo exposto durante tres días en Rotunda onde decenas de centos de seguidores foron a renderlle os seus respectos.

Filmes sobre Michael Collins

Unha versión ficcionalizada da vida de Collins aparece no filme de 1936 Beloved Enemy, no que aparece David Niven como un Oficial Inglés. Contrariamente ó verdadeiro Michael Collins, o Collins de ficción "Dennis Riordan" (Brian Aherne) sofre un disparo e recupérase.

Un documental británico de Kenneth Griffith, Hang Up Your Brightest Colours foi feito para ITV en 1973, pero negouse a retransmitilo. Foi finalmente emitido pola BBC no País de Gales en 1993 e en todo o Reino Unido ó ano seguinte.

En 1996, fíxose un filme sobre Michael Collins polo director Neil Jordan. Co título Michael Collins, Liam Neeson fai de protagonista, e Julia Roberts fai da prometida de Collins, Kitty Kiernan. Malia ser gabado por levar a historia de Michael Collins a un plano internacional, moitos historiadores criticaron o filme por tomarse certas liberdades cos feitos.

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

  1. Examining Irish leader's youthful past - da BBC
  2. Moitos pensan que o Irish Republican Army de 1919 a 1921 tiña a aprobación xeral da sociedade irlandesa e do Dáil Éireann para actuar como o "Exército da República". A maioría dos irlandeses pensan que a lexitimidade que tiña o IRA pasou ó novo Exército Irlandés, establecido en 1922, e que as organizacións posteriores que tomaron o nome de "IRA" (como o IRA Oficial, o IRA Provisional, o IRA Real etc.) tiñan pouca lexitimidade e tan só tenues vínculos co exército nacente da república. Unha pequena minoría republicana amósase en desacordo e reclama que o Segundo Dáil (o Parlamento elixido en xuño de 1921 e substituído en 1922) nunca foi desmantelado constitucionalmente e polo tanto foi sempre o verdadeiro parlamento irlandés. Un pequeno número de republicanos do Segundo Dáil, reunidos nos anos trinta votaron pasar a autoridade supostamente legal do Segundo Dáil á dirección do IRA, facéndolle a ollos dalgúns republicanos o goberno real e ó IRA o verdadeiro exército da Irlanda. (En 2005 Gerry Adams, Presidente do Sinn Féin, rexeitou explicitamente, no Sinn Féin Ard Fheis, esta teoría e declarou que non habería goberno lexítimo na Irlanda namentres continuase a partición).
  3. Corresponden dúas expresións en Irlandés para o termo "República Irlandesa": Saorstát Éireann (que literalmente significa Estado Libre Irlandés) e Poblacht na hÉireann. Os puristas do irlandés prefiren o termo desaparecido).
  4. Debate on the Treaty between Great Britain and Ireland... from University College Cork
  5. Hopkinson, Michael. Green Against Green, the Irish Civil War, pp.83-87
  6. Dwyer, T. Ryle (2005) The Squad, Dublin, pp.256-258
  7. Coogan, Tim Pat. Michael Collins p.331
  8. Barrett, Suzanne (1997) "Michael Collins Arquivado 21 de xullo de 2009 en Wayback Machine. - Irish Patriot: 1890-1922 Commander-in-Chief, Irish Free State Army"
  9. Green, Dana (2004) "Michael Collins: A Beloved Irish Patriot Arquivado 18 de xullo de 2007 en Wayback Machine.". Military History Online
  10. Ryan, Meda The Day Michael Collins Was Shot

Ler máis

Kembali kehalaman sebelumnya