Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Michael Redd

Modelo:BiografíaMichael Redd

(2005) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Columbus, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Ohio
West High School
Seneca High School MCA (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura198 cm Editar o valor en Wikidata
Peso100 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata - 2012 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porMilwaukee Bucks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Phoenix Suns
Milwaukee Bucks
Estados Unidos de América
1997–2000 Ohio State Buckeyes
Participou en
2008Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Masculino (pt) Traducir
20072007 FIBA Americas Championship (en) Traducir
1999Q129785708 Traducir Editar o valor en Wikidata

Michael Wesley Redd, nado en Columbus (Ohio) o 24 de agosto de 1979, é un antigo xogador profesional estadounidense de baloncesto. A pesar de ser elixido no posto 43 de segunda rolda do Draft da NBA de 2000, fíxose un sitio na liga converténdose nun dos mellores anotadores.

Na tempada 2003-04 conseguiu participar no All-Star Game e foi incluído no terceiro mellor quinteto da NBA. Coa selección de baloncesto de Estados Unidos logrou a medalla de ouro olímpica nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008. Redd posúe o récord de máis triplas nun cuarto, con oito, fronte a Houston Rockets en 2002. Con 1,98 m de estatura xogaba na posición de escolta.

Inicios

Michael Redd vivía cos seus pais, Haji e James, a quince minutos do campus da Universidade de Ohio State. O pai de Redd, pastor nunha igrexa cristiá protestante, fora un gran xogador con aspiracións de chegar á NBA. James Redd foi All-American no West High School, antes de ser recrutado polos mellores adestradores do país, incluídos Bobby Knight, Digger Phelps, George Raveling e Dick Vitale. Desafortunadamente, a súa nai enfermouse e James tivo que ocuparse dela en casa, acudindo á Universidade Capital e desbaratando as súas aspiracións de chegar a ser profesional. Con todo, James non se arrepinte daquilo, xa que alí coñeceu a Haji, a súa esposa. En cambio, James seguiu coa súa segunda chamada, a de seguir a Deus. A súa maneira de servirlle foi abrindo unha igrexa para predicar o evanxeo. Redd estivo envolvido desde pequeno no traballo do seu pai, polo que tamén é un devoto cristián.

Michael foi sempre grande para a súa idade. Xogou ao baloncesto e ao fútbol americano, e creceu xogando nos equipos de Ohio State. A educación de Michael nunha cancha de baloncesto débella ao seu pai James, con quen xogaba un contra un habitualmente. Como moitos mozos xogadores da década dos 90, Redd quedou fascinado cos "Fab Five" da Universidade de Míchigan. O zurdo Redd empezou a puír un estilo pouco ortodoxo nos playgrounds de Columbus, onde comezou a crearse o seu propio tiro. Redd era rápido e forte, e grazas ao seu pai desenvolveu un sexto sentido sobre como utilizar o seu corpo en defensa.

Traxectoria deportiva

High School

En 1993, Michael matriculouse en West Senior High School en Columbus, onde tamén estudou o seu pai, un dos mellores xogadores dos Cowboys de todos os tempos. Redd sentiu como na súa casa. Redd fíxose co posto de titular no seu ano sophomore. Non foi até a súa tempada sénior cando se consolidou con 25 puntos por partido como un gran proxecto para a universidade. A finais daquela tempada 1996-97, comezou a loita por facerse con Redd.

Mike Krzyzewski queríalle para Duke, mentres Minnesota, Iowa e Cincinnati tamén fixeron presión para fichalo. Ao final, Redd elixiu permanecer en casa, aceptando unha bolsa para estudar na Universidade de Ohio State.

Universidade

Cadro de medallas
Baloncesto
Xogos Olímpicos
Ouro Pequín 2008 Estados Unidos
Campionato FIBA Américas
Ouro Las Vegas 2007 Estados Unidos

Michael fíxose coa titularidade dos Buckeyes desde a súa tempada freshman, a 1997-98. Ohio State pasouse o últimas catro tempadas sen chegar ao torneo NCAA. Desde que Jim Jackson xogaba cos Buckeyes a principios dos 90'. Desde o principio, Redd colleu as rendas do equipo de Jim O'Brien, que viu como Michael tiña a capacidade de bater a case calquera defensor que se lle enfrontase. Redd completou unha espectacular tempada no seu debut universitario con 21.9 puntos, 6.5 rebotes, 3 asistencias e 2 roubos. Con todo, o bo rendemento de Redd non valía para que o seu equipo sumase vitorias, que chegou a perder 15 partidos consecutivos, e acabou con só 8 vitorias. O balance de 8-22 foi o peor de Ohio State desde a tempada 1928-29.

Os 21,9 puntos por partido serviron a Redd para converterse no primeiro freshman que lideraba a Big Ten en anotación. Foi nomeado Freshman do Ano na Big Ten. Antes da tempada 1998-99, O'Brien afirmou que estaría contento se o equipo alcanzase o 50% de vitorias. Na pretemporada, Redd foi incluído nos Mellores quintetos da Big Ten e All-America. Xunto co base júnior, Scoonie Penn, que chegou de Boston College, formou un gran xogo exterior, dos mellores do país.

A gran campaña de Ohio State valeu para que o equipo entrase de novo no torneo NCAA. Alí eliminaron a Murray State, Detroit, Auburn (primeiro cabeza de serie da rexión sur) e St. John's para clasificarse a unha Final Four na que os Buckeyes non chegaban desde 1968. Nas semifinais caeron ante Connecticut Huskies 64-58. Ohio State pasou do 8-22 do pasado ano ao actual 27-9, o maior cambio dun ano para outro que se deu en 25 anos na División I da NCAA. Redd terminou a tempada con 19.5 puntos, 5.6 rebotes e 2.4 asistencias en 5 minutos menos de xogo.

Con todo, cinco anos despois, fóronlle retirados a Ohio State todos os premios daquela tempada por sanción, xa que o adestrador Jim O'Brien admitiu o pago de 6.000 dólares ao xogador de Serbia Aleksandar Radojevic para o seu ingreso na universidade en 1999. Finalmente, o xogador nunca chegaría a poñerse a camiseta dos Buckeyes. Na súa tempada júnior, Michael foi nomeado capitán xunto con Penn. O escolta fixo 17,3 puntos, 6,5 rebotes e 2,1 asistencias. Redd foi incluído no Primeiro quinteto da Big Ten. Ohio State chegou como terceiro cabeza de serie na rexión sur, tras 23 triunfos. Xunto a Michigan State Spartans acabaron campións da Big Ten. Mais, sorprendentemente, caeron ante a Universidade de Miami en 2ª rolda.

Redd comezou a estudar a posibilidade de presentarse ao draft. As súas opcións apuntaban a 1ª rolda, probablemente ao Top 20. A súa velocidade e o seu tamaño podían valer para xogar de escolta na NBA, pero Redd non era visto como un tirador consistente. Confiou en poder mostrar que podía mellorar o seu xogo no perímetro para conseguir un bo posto no draft. Os scouts da NBA non estaban moi de acordo en que Redd presentásese xa ao draft, pero o xogador finalmente fíxoo.

NBA

Chegado o draft de 2000, a primeira rolda acabou sen que o nome de Redd saíse. Michael estaba confuso e angustiado. A calma chegou cando Milwaukee Bucks elixiuno co posto 43 da segunda rolda. Tarde, pero elixírono, á fin e ao cabo. En principio, os Bucks tiñan idea de escoller a Lavor Postell, de St. John's, mais os New York Knicks adiantáranse elixíndoo no posto 39.

Un inicio lesionado (2000-01)

A decepción de Redd estendeuse durante toda a tempada rookie. Perdeuse 66 partidos por unha lesión de xeonllo e só puido disputar 13 encontros nos que fixo 2,2 puntos. O único positivo foi a amabilidade e o apoio que recibiu de Ray Allen e Ervin Johnson, que axudaron a Redd a superar un primeiro ano complicado por culpa das lesións. Os Bucks tampouco botaron de menos a Redd. O "Big Three" composto por Ray Allen, Glenn Robinson e Sam Cassell levou ao equipo ao título da División Central, con 52 vitorias. En playoffs, Philadelphia 76ers apartou aos Bucks das Finais da NBA. Foi o mellor final da franquía en vinte e cinco anos.

O sexto home de Milwaukee (2001-03)

Redd, defendido por Kobe Bryant.

Na tempada 2001-02, Redd adquiriu un rol de sexto home. A marcha de Lindsey Hunter no verán deu a oportunidade de que Redd fixese o seu papel. E non defraudou, mesmo foi titular en partidos nos que Ray Allen estivo lesionado. Fixo 11,4 puntos (cun 44,4% en triplas), 3,3 rebotes e 1,4 asistencias. Un da partidos clave naquel ano foi ante Indiana Pacers en decembro, onde anotou 21 puntos en 18 minutos. Despois, asinou 16 puntos no seu primeiro encontro como titular ante os Rockets. O adestrador, George Karl, e os seus compañeiros, confiaron nel, e converteuse nun dos xogadores importantes do equipo. As súas grandes porcentaxes de tiro foron unha das razóns pola que o equipo lle buscaba cando estaba coa man quente. O 20 de febreiro de 2002 estableceu un novo récord na NBA, o de triplos nun cuarto, con 8 no último período ante Houston Rockets. En total anotou 9 triplos, superando o récord en Milwaukee que ostentaban Allen e Tim Thomas. Aquela noite Redd anotou 26 puntos no último cuarto para un total de 29, récord persoal por entón.

Milwaukee, con todo, non alcanzou a clasificarse para playoffs tras acabar 41-41. Durante o verán, os Bucks igualaron os 12 millóns en 4 anos que Dallas Mavericks ofreceu por Redd, que era axente libre restrinxido. Na tempada 2002-03, Glenn Robinson marchou a Atlanta Hawks e Redd consolidouse como un dos mellores xogadores saíndo desde o banco. En 82 partidos xogou 14 de titular, e en 28.4 minutos de mediafixo 15,4 puntos (43,8% en triplas, segundo na NBA), 4,5 rebotes, 1,4 asistencias e 1,2 roubos. Milwaukee clasificouse para os playoffs tras acabar cun balance de 42-40, mais en primeira rolda foron superados por New Jersey Nets.

Xogador franquía (2003-2011)

Redd, xogador franquía no último lustro cos Bucks.

Despois desta tempada, os Bucks desfixéronse de Ray Allen, Sam Cassell e Gary Payton e reconstruíron ao redor de Redd e Desmond Mason, que chegou de Seattle SuperSonics no traspaso de Allen. Ambos xogaban na mesma posición, pero Mason xogou de beirado. Milwaukee tamén engadiu a T.J. Ford vía draft e Terry Porter substituíu a George Karl no banco dos Bucks.

Naquela tempada 2003-04, Redd consolidouse na NBA. Liderou aos Bucks con medias de 21.7 puntos, 5 rebotes e 2.3 asistencias para clasificar a Milwaukee a playoffs. Caeron en primeira rolda ante Detroit Pistons por 4-1. Foi nomeado Xogador do Mes de xaneiro na Conferencia Leste tras facer 22.4 puntos, 4.2 rebotes e 1.9 asistencias e levar aos Bucks a un balance de 11-5. Anotou 40 puntos (récord persoal en puntos) fronte a Orlando Magic e New Orleans Hornets. Foi elixido para participar, por primeira vez, no All-Star Game e foi incluído no Terceiro quinteto da NBA. No All-Star anotou 13 puntos en 15 minutos.

Na tempada 2004-05, Milwaukee no canto de progresar, caeu en picado tras finalizar cun récord de 30-52. Redd si que mellorou as súas prestacións con 23 puntos, 4.2 rebotes e 2.3 asistencias de media, no que era o seu último ano de contrato. Durante o verán de 2005, o principal interesado en Redd foron os Cavaliers, que ofreceron un contrato de 72 millóns durante 5 anos. Non chegou a ser o escudeiro de LeBron James porque os Bucks ofreceron un contrato de 90 millóns en 6 anos e Redd mantívose no equipo.

Na tempada 2005-06 o equipo reforzouse co número 1 do draft, Andrew Bogut, Jamaal Magloire e Bobby Simmons. Ademais, recuperaron a T.J. Ford. Os Bucks tamén cambiaron de adestrador, Terry Stotts, antigo asistente do equipo, colleu as rendas do banco. Redd fixo o seu parte, mellorando as súas medias con 25.4 puntos, 4.3 rebotes e 2.9 asistencias. Milwaukee acabou cun balance de 40-42, que lle valeu para entrar en playoffs. Caeron en 1ª rolda ante Detroit Pistons por 4-1, idéntico resultado ao que se deu dous anos antes. No terceiro partido daquela serie, Redd anotou 43 puntos.

Para a tempada 2006-07 os Bucks volveron rexuvenecerse. O equipo lograra facerse con Charlie Villanueva, do traspaso de T.J. Ford, e Maurice Williams converteuse na outra baza anotadora de Milwaukee. A media do quinteto era de 23 anos. Redd acabou a tempada con medias de 26.7 puntos, 3.7 rebotes e 2.3 asistencias en 53 partidos. Callou o seu mellor partido o 11 de novembro de 2006 ante Utah Jazz con 57 puntos, anotando 42 puntos na segunda parte. Desta maneira, superaba o récord de 55 puntos que ostentaba Kareem Abdul-Jabbar desde 1971. Redd asinou outro encontro memorable con 52 puntos fronte a Chicago Bulls.

Nunha tempada infestada de lesións onde Simmons perdeulla enteira e Redd, Bogut e Villanueva perdéronse gran cantidade de partidos, Milwaukee acabou cun récord de 28-54. Cando restaba pouco para terminar a campaña, Stotts foi substituído por Larry Krystkowiak. Na tempada 2007-08, Redd asinou 22.7 puntos, 4.3 rebotes e 3.4 asistencias (mellor marca persoal), pero Milwaukee volveu quedar moi lonxe de playoffs.

Na tempada 2008-09, os Bucks perderon a Redd para o resto de tempada debido a unha lesión nos ligamentos do seu xeonllo esquerdo. Michael lesionouse o 24 de xaneiro de 2008 fronte a Sacramento Kings. Redd declarou despois do partido: "Estou profundamente descontento pero todo na vida pasa por unha razón e estes son agora os plans de Deus comigo". A principios desta campaña, Redd perdeuse tamén 14 partidos debido a outra lesión de xeonllo. Fronte aos Kings, asinou o seu mellor partido da tempada con 44 puntos. Redd fixo nos 33 partidos que disputou 21.2 puntos, 3.2 rebotes, 2.7 asistencias.

Phoenix Suns (2011-2012)

Tras rematar o último ano do seu contrato cos Bucks, asinou o 29 de decembro de 2011 cos Phoenix Suns un contrato dun ano.[1] Redd fixo o seu debut cos Suns o 12 de xaneiro de 2012, anotando 14 puntos na derrota de Phoenix contra os Cleveland Cavaliers.[2] No seu regreso a Milwaukee para xogar contra os Bucks, o 7 de febreiro de 2012, recibiu unha grande ovación polo seu antigo público, e anotou 14 puntos na vitoria do seu equipo.[3]

Selección dos Estados Unidos

Redd foi un dos xogadores habituais nas últimas convocatorias da selección de baloncesto de Estados Unidos. Participou no Torneo das Américas de Las Vegas 2007, clasificatorio para os Xogos Olímpicos de Pequín 2008. Fixo 15 puntos por partido naquel torneo. Durante o seu encontro con Porto Rico, Redd asinou o récord de triplos nun encontro clasificatorio, ademais do récord de máis triplos nun torneo con 28, superando a Penny Hardaway (22). Redd foi convocado na selección que levou o ouro olímpico nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008. Fixo 3,1 puntos en 9,1 minutos por partido.

Notas

  1. "Suns signs former All-Star Michael Redd". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2012. Consultado o 29 de decembro de 2011. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de outubro de 2012. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2012. Consultado o 25 de outubro de 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

2023 National League Wild Card SeriesTeamsTeam (Wins) Manager SeasonArizona Diamondbacks (2) Torey Lovullo 84–78 (.519), GB: 16Milwaukee Brewers (0) Craig Counsell 92–70 (.568), GA: 9DatesOctober 3–4TelevisionESPN2TV announcersJon Sciambi, Doug Glanville, and Jesse RogersRadioESPNRadio announcersRoxy Bernstein and Gregg OlsonUmpiresSean Barber, Dan Bellino, Mike Estabrook, Alan Porter (crew chief), Mark Ripperger, Chris SegalTeamsTeam (Wins) Manager SeasonPhiladelphia Phillies (2) Rob T...

 

Мапа Афінської держави напередодні Пелопоннеської війни, 431 до н. е. Клерухії (грец. κληρουχία) — давньогрецькі військово-землеробські поселення, що зазвичай виводились на територію підлеглих або союзних держав.[1] Головними завданнями клерухій були забезпечення влас

 

У Вікіпедії є статті про інших людей із прізвищем Лінь. Лінь Фенмянь Народження 22 листопада 1900(1900-11-22)[1][2]Jiaying Zhoud, Гуандун[d], Династія ЦінСмерть 12 серпня 1991(1991-08-12)[1] (90 років)  Гонконг, Британська імперіяКраїна  КНРНавчання Національна вища школа красних...

Shire of Wiluna Local Government Area van Australië Locatie van Shire of Wiluna in West-Australië Situering Staat West-Australië Hoofdplaats Wiluna Coördinaten 26°35'42ZB, 120°13'30OL Algemene informatie Oppervlakte 182.155,8 km² Inwoners 535 (2021)[1] Overig Wards geen Website (en) Shire of Wiluna Portaal    Australië Shire of Wiluna is een lokaal bestuursgebied (LGA) in de regio Mid West in West-Australië. Geschiedenis Op 29 oktober 1909 werd het Wiluna Road Distr...

 

Aéroport international General Abelardo L. Rodríguez de TijuanaAeropuerto Internacional General Abelardo L. Rodríguez, Aeropuerto Internacional de Tijuana Localisation Pays Mexique Ville Tijuana Coordonnées 32° 32′ 27″ nord, 116° 58′ 12″ ouest Altitude 149 m (489 ft) Informations aéronautiques Code IATA TIJ Code OACI MMTJ Code DGAC-M TIJ Nom cartographique Tijuana Type d'aéroport civil Gestionnaire Grupo Aeroportuario del Pacífico Pistes Directio...

 

For the town in Šabac municipality, see Jevremovac (Šabac). You can help expand this article with text translated from the corresponding article in Serbian. (February 2016) Click [show] for important translation instructions. View a machine-translated version of the Serbian article. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the translation is accurate, rather than si...

この項目では、シュタイヤー社製の短機関銃について説明しています。ベルグマン社製のMP34については「MP35」をご覧ください。 シュタイヤー=ゾロターン S1-100 クラクフの国内軍博物館に展示されるS1-100シュタイヤー=ゾロターン S1-100種類 短機関銃製造国 オーストリア ドイツ国設計・製造 シュタイヤー=マンリッヒャー社年代 1920年代仕様口径 7.65mm9mm11.43mm銃身長 20...

 

Вулиця Карла Лібкнехта Молдоварум. Strada Karl Liebknecht Вулиця взимкуНаселений пункт ТираспольІсторичні відомостіНазва на честь Карл ЛібкнехтЗагальні відомостіПротяжність 5,6 ± 0,1 кмКоординати 46°50′21″ пн. ш. 29°36′02″ сх. д. / 46.839278° пн. ш. 29.600583° �...

 

Peta lokasi Indonesia (hijau) dan Timor Leste (jingga) Peta lokasi Timor Barat, Indonesia (cokelat muda) dan Timor Leste (hijau) Peta jalan nasional di Timor Barat. Warna merah di sebelah timur menandakan Jalan Sabuk Merah Perbatasan Perbatasan Indonesia–Timor Leste mencakup perbatasan darat dan maritim antara Indonesia dan Timor Leste. Perbatasan Indonesia dengan Timor Leste merupakan sejarah panjang antara Portugis dan Belanda. Pulau Timor dijajah oleh dua bangsa Barat: Timor bagian barat...

Este artículo o sección se encuentra desactualizado.La información suministrada sobre meteorología ha quedado obsoleta o es insuficiente.Uso de esta plantilla: {{sust:Desactualizado|tema del artículo}} Tormenta ciclónica Vayu Tormenta ciclónica severa  (IMD) Ciclón tropical categoría 1  (EHSS) Vayu en su pico de intensidad Mar Arábigo el 12 de junio de 2019Duración 10 de junio de 2019-presenteVientos máximos 100 km/h (65 mph) (durante 3 minutos) 120 km/h (75 mph) (durant...

 

QuantumAlbum studio karya Planet XDirilis18 Mei 2007 (2007-05-18)[1]DirekamBeachwood Manor Studios di Burbank, CaliforniaGenreInstrumental rock, progressive metal, jazz fusionDurasi50:47LabelInside Out MusicProduserPlanet XKronologi Planet X MoonBabies(2002)MoonBabies2002 Quantum(2007) Penilaian profesional Skor ulasan Sumber Nilai AllMusic [2] Quantum adalah album studio ketiga oleh supergroup Planet X, dirilis pada tahun 2007. Dalam sebuah artikel 2012 oleh MusicRad...

 

1999 India–Pakistan conflict Operation Vijay (1999) redirects here. For the 1961 Indian operation, see Annexation of Goa. Kargil WarPart of the Kashmir conflict and the India–Pakistan conflictLocation of Kargil along the Line of Control in KashmirDate3 May – 26 July 1999(2 months, 3 weeks and 2 days)LocationKargil district, Jammu and Kashmir (now Ladakh), IndiaResult Indian victory India regains possession of KargilTerritorialchanges Status quo ante bellumBelligerents ...

Species of bird Capped white-eye Conservation status Least Concern (IUCN 3.1)[1] Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Aves Order: Passeriformes Family: Zosteropidae Genus: Zosterops Species: Z. fuscicapilla Binomial name Zosterops fuscicapillaSalvadori, 1876 The capped white-eye (Zosterops fuscicapilla) is a species of bird in the family Zosteropidae. It is found in New Guinea. Its natural habitat is in subtropical or tropical...

 

American breakfast television program For the Art Pepper album, see The Early Show (album). The Early ShowGenreNews programPresented by(see section)Theme music composerChris Bowman (1999–2002)Sting (2002–2006)James Horner (2006–2011)James Trivers, Elizabeth Myers& Alan James Pasqua (2011–2012)Country of originUnited StatesOriginal languageEnglishNo. of seasons14No. of episodes3,580ProductionExecutive producerBatt HumphreysProduction locationsGeneral Motors Building, New York CityC...

 

Donald Saff pictured with a nineteenth-century French tower clock. Donald Jay Saff (born 12 December 1937) is an artist, art historian, educator, and lecturer, specializing in the fields of contemporary art in addition to American and English horology. Early life Saff was born in Brooklyn, New York to Irving and Rose Saff and is the second of three sons.[citation needed] His brothers are Dr. Harvey Saff and mathematician Dr. Edward Saff. Donald Saff began his undergraduate degree at Q...

Public market in Manila, Philippines Quinta MarketPamilihang Bayan ng QuintaMercado de la QuintaThe newly rebuilt Quinta Market and Fishport in June 2017Coordinates14°35′47.2″N 120°58′57.7″E / 14.596444°N 120.982694°E / 14.596444; 120.982694AddressCarlos Palanca Street, Quiapo, ManilaOpening date1851(establishment)April 19, 2017(current building)DeveloperMarketlife Management and Leasing CorporationOwnerCity Government of ManilaNo. of stores and services279...

 

Т-80А Предсерийный «Объект 219АС» (вып. дек. 1984) в музее г. Кубинка Т-80А Классификация Основной боевой танк Боевая масса, т 45,2 Экипаж, чел. 3 История Разработчик СКБ-2 Производитель Годы разработки с 1970-х по 1982 Годы производства с 1982 по 1984 Размеры Длина корпуса, мм 7012 Длина с пушк�...

 

KameliaBackground informationBorn (1986-09-05) 5 September 1986 (age 37)Ștei, Bihor County, RomaniaGenresPop, reggaeton, danceOccupation(s)Singer, songwriterYears active2000–presentMusical artist Camelia Adina Hora (born 5 September 1986),[1][2] also known as Kamelia, is a Romanian pop-dance singer and songwriter. Career Born in Ștei and raised in Timișoara, she started to sing when she was 14 years old and had a band called D.G.TAL, with her brother, the composer an...

Mitsubishi Carisma Общие данные Производитель NedCar Годы производства 1995—2003 Дизайн и конструкция Тип кузова 5‑дв. хетчбэк (5‑мест.)4‑дв. седан (5‑мест.) Компоновка переднемоторная, переднеприводная Колёсная формула 4 × 2 Двигатель 4G13 1,3 л 82 л. с. I4 4G92 1.,6 л 103 л. с.I44G93 1,8 л 11...

 

Voce principale: Nuoto sincronizzato ai campionati mondiali di nuoto 2013. Nuoto sincronizzato ai Mondiali di Barcellona 2013 Singolo   Tecnico   Libero Duo Tecnico   Libero Squadre Tecnico   Libero Combinato La fase preliminare si è svolta nel pomeriggio del 21 luglio 2013, mentre la finale si è svolta la sera del 27 luglio. Medaglie Posizione Atleta Paese Vlada ČigirëvaMikhaela KalanchaDaria KorobovaAnisya OlkhovaAlexandra PatskevichElena ProkofyevaAlla ShishkinaMari...

 
Kembali kehalaman sebelumnya