Mike Figgis (2011) |
|
Nacemento | 28 de febreiro de 1948 (76 anos) Carlisle, Reino Unido |
---|
Educación | Middlesex University (en) Kenton School (en) |
---|
|
Ocupación | actor, compositor, escritor, compositor de bandas sonoras, director de televisión, produtor de cinema, guionista, director de fotografía, director de cinema, realizador |
---|
Período de actividade | 1984 - |
---|
Empregador | European Graduate School |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Michael "Mike" Figgis, nado en Carlisle (Cumberland) o 28 de febreiro de 1948 é un director, guionista e compositor inglés.[1]
Traxectoria
Nado en Inglaterra, viviu en Nairobi, Kenya ata os oito anos. O resto da súa infancia pasouna en Newcastle upon Tyne.[2] O seu primeiro interese artístico foi a música, e tocou o teclado na primeira banda de Bryan Ferry. En 1983 dirixiu con grande éxito unha obra de teatro no teatro Gerard-Philipe en Saint-Denis (París).
Tras traballar no teatro (foi músico e actor no grupo experimental People Show)[1] dirixiu o seu primeiro filme con baixo orzamento Stormy Monday en 1988. O filme deulle sona como director de actores e na década de 1990 dirixiu en Hollywood o suspense Internal Affairs, que axudou a revivir a carreira de Richard Gere. Tralo fracaso de Mr. Jones, que foi malentendido polo estudio, mostrou o seu desencanto coa industria cinematográfica en Leaving Las Vegas.
A tecnoloxía dixital levouno a concibir e dirixir Timecode, filme rodado simultaneamente con catro cámaras nunha toma.
Desde 2008 foi profesor de estudos cinematográficos na European Graduate School en Saas-Fee, Suíza, onde dirixe seminarios intensivos no verán.[1]
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas