Mike Powell, nado 10 de novembro de 1963, en Filadelfia, é un exatleta estadounidense, recordista mundial no salto de lonxitude.
No ano de 1991 protagonizou unha proba lendaria contra Carl Lewis, que gañou e que na cal bateu o récord mundial, atinxindo a marca de 8.95 metros no salto de lonxitude, superando a marca do atleta Bob Beamon, de 8.90 metros, que vigoraba no momento.
Tamén posúe o salto máis longo realizado na Historia, 8,99 m, que non é récord mundial por ter sido obtido con vento por riba de 2,0 m/s (no caso, a marca foi obtida con vento de +4.4). O feito foi realizado en Sestriere, Italia, en 1992.
Véxase tamén
Ligazóns externas