Michael Taylor, nado en Londres o 24 de abril de 1934 e finado o 4 de abril de 2017, foi un piloto de carreiras inglés.
Traxectoria
Participou en dous Grandes Premios do Fórmula 1, debutando o 18 de xullo de 1959. Non logrou puntos de campionato. Tamén participou en varias carreiras fora do campionato da Fórmula Un.
A súa andaina nas carreiras rematou cando a soldadura da súa columna de dirección fallou no seu Lotus 18 no Gran Premio de Bélxica de 1960 a 260 km/h. Saíu expulsado do coche, cortou unha árbore co seu corpo e rompeu varios ósos (Alan Stacey e Chris Bristow morreron e Stirling Moss tamén resultou ferido no evento, estrelando o seu Lotus 18 na práctica). Quedou paralizado,[1][2] pero despois dunha terapia recuperou a capacidade de andar.[1]
Por mor da falla do seu coche Taylor demandou a Lotus con éxito, unha das poucas accións exitosas contra un fabricante dun coche de carreiras.[3]
Despois do seu accidente, Taylor competiu de forma esporádica en rallies de longa distancia, terminando en terceiro lugar no London-Sydney Marathon en 1977 nun Citroën CX con Paddy Hopkirk e Bob Riley. Taylor tamén tivo negocios na especulación inmobiliaria.[3] Morreu o 4 de abril de 2017 logo dunha batalla contra o cancro.[4]
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas