O monte Faro, ou Monte do Faro, é, con 1187 metros, o pico máis alto da serra do Faro e un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC). O monte marca o límite de separación natural entre os concellos de Chantada e Rodeiro e dende el poden divisarse as catro provincias galegas.[1]
Flora e fauna
Flora
No espazo hai zonas con queirogais secos e vexetación de trebeiras e brañas como gramías de ciclo anual. Os prados están en solos calcáreos, de arxilas ou turbosos. Os bosques son polo xeral de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior e carballeiras de Quercus robur e Quercus pyrenaica.[1]
Preto da cima nunha especie de chaira atópase o santuario da Nosa Señora do Faro. Hai dúas Romarías do Faro, a primeira celébrase o día 15 de agosto e, a segunda e principal, o 8 de setembro. Consérvanse dúas imaxes da Virxe do Faro, unha permanece sempre no santuario e a outra na igrexa de Requeixo. Segundo os veciños esta segunda virxe que ten o manto de Inmaculada de cor branca é "filla" da primeira. Esta sobe en procesión o día 7 a visitar a "nai" e o día 9 volve a baixar.
Ata o santuario achéganse veciños de toda a comarca movidos pola fe na Virxe de Faro. Os romeiros que se ofrecen soben de xeonllos por unha pendente chamada costa das cruces para pedirlle favores a Nosa Señora do Faro considerada unha das máis milagreiras[2]. Tamén a tradición leva os devotos a non marchar sen levar ou beber auga da fonte milagreira.
Galería de imaxes
Ermida de Nosa Señora do Faro en Chantada.
Altar fóra da ermida de Nosa Señora do Faro en Chantada.
Cruceiro.
Parque eólico no Monte Faro.
Vista da comarca de Chantada desde o Monte Faro.
Notas
↑ 1,01,11,2Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Monte Faro".