Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Mura

Modelo:Xeografía políticaMura
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°41′59″N 1°58′35″L / 41.6998, 1.9765
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
ComarcaBages Editar o valor en Wikidata
CapitalMura Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación228 (2023) Editar o valor en Wikidata (4,77 hab./km²)
Número de fogares16 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie47,8 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porriera de Mura Editar o valor en Wikidata
Altitude454 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Mura (en) Traducir Editar o valor en WikidataJosep Canals Palau (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08279 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08139 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT081398 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmura.cat Editar o valor en Wikidata

Mura é un concello da comarca de Bages, na provincia de Barcelona, comunidade autónoma de Cataluña, España. Mura atópase no Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac.

Historia

A primeira noticia que se ten da súa existencia data do ano 978. Ao redor da igrexa de San Martiño, xa documentada o ano 1088 empezaron a levantarse as primeiras casas desta pintoresca vila que aínda hoxe en día conserva todo o seu encanto medieval.

Historicamente, o traballo no campo era a principal dedicación das súas xentes; especial importancia tivo o cultivo da vide, que a partir do século  desprazou as formas máis tradicionais de agricultura. Esta era unha tarefa especialmente ardua dada as características montañosas do terreo, liquidadas en parte mediante a construción de lagares entre as viñas, os cales se utilizaban para a prensa e fermentación da uva. Xa entrado o século XIX, a filoxera acabou cos viñedos e provocou un importante descenso da poboación.

Outra tarefa importante, até mediados do século , foi a elaboración de carbón vexetal, até o momento en que a enerxía eléctrica determinou a súa desaparición.

Dende entón, as súas xentes dedicáronse a outra clase de traballos en consonancia cos novos tempos. Así, instalouse unha fábrica téxtil a comezos do século XX, a cal estivo en funcionamento até o ano 1964. Loxicamente, o peche desta tivo importantes consecuencias socioeconómicas na vida da vila, determinando a emigración da poboación cara ás cidades industriais ou cara a poboacións veciñas. Dende entón, a fisionomía de Mura foise transformando até converterse nunha vila con gran número de segundas residencias, sentando as bases para unha tradición turística en potencia.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya