O motivo da creación desta fronteira fortificado foi adiantar as posicións defensivas romanas, ó considerar que a provincia de Britania era xa segura, para así garantir a súa defensa, e de paso someter ás tribos hostís que vivían entre ambas murallas, nas terras altas da Caledonia meridional. Estas tribos dos pictos constituían unha importante ameaza pola súa hostilidade, ante o cal as súas terras foron asoladas e un gran número dos seus habitantes apreixados e deportados a Xermania.
A muralla non era tan sólida como a de Hadrián xa que estaba formada por un muro de turba e tierra esmagada no canto de pedra, aínda que tiña un foxo maior ca a primeira e contaba ademais con 19 fortes e un sendeiro militar na súa parte meridional. Porén, a fortificación abandonouse trala morte do emperador Antonino Pío, cara ao 162, volvendo progresivamente as tribos do norte a baixar. Á morte do emperador Cómodo, posiblemente no ano 196 ou 197, cando o gobernador Clodio Albino retirou gran parte da súa gornición ó proclamarse emperador e desprazarse a Lugdunum (a actual Lión), as tribos do norte protagonizaron un grande ataque sobre as fronteiras romanas na illa, o que levou en 208 ó emperador Septimio Severo a restablecer lexións na muralla de Antonino, ordenando reparalo.
Notas
↑Robertson, Anne S. (1960) The Antonine Wall. Glasgow Archaeological Society. p. 7.