Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Márcia Malsar

Modelo:BiografíaMárcia Malsar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo paralímpico Editar o valor en Wikidata

Márcia Malsar, nada no Río de Xaneiro, é unha ex-atleta paralímpica brasileira.

Traxectoria

Foi medallista de ouro, prata e bronce nos Xogos Paralímpicos de Verán de 1984 en Nova York e Stoke Mandeville nos Estados Unidos de América e Inglaterra. Tamén foi medalla de prata en 1988, cando o evento se celebrou en Seúl, Corea do Sur. Foi a primeira medallista de ouro brasileira nos Xogos Paralímpicos, acadando o primeiro posto nos 200 metros en 1984.[1]

Na cerimonia de inauguración dos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro en 2016, Márcia participou na remuda da lapa olímpica dentro do estádio do Maracanã e protagonizou un dos momentos máis emotivos da inauguración. Malsar, que camiñaba apoiada nun caxato, por mor da choiva e a súa dificultade para moverse, deixou caer a lapa e logo ela tamén caeu ao chan. Ergueuse e completou o seu camiño con moitos aplausos dos presentes.[2][3]

Palmarés deportivo

Ano Evento Lugar País Proba Tempo Resultado
1984 Xogos Paralímpicos de 1984 Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos 200 metros clase C6 0:34.83 Medalla de ouro
1,000 metros Cross Country clase C6 5:50.0 Medalla de prata
60 metros clase C6 0:10.60 Medalla de bronce
1988 Xogos Paralímpicos de 1988 Seúl Corea do Sur 100 metros clase C6 0:16.06 Medalla de prata
Refs.[4][5]

Notas

  1. "Rio Paralympics: Marcia Malsar Finished Carrying Torch After Fall". PEOPLE.com (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  2. "La brasileña Marcia Malsar, un ejemplo de superación en los Juegos Paralímpicos". ElPeriódico (en castelán). 8 de setembro de 2016. Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  3. "Márcia Malsar" (en portugués). Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  4. "Medalhistas — Portal Brasil 2016". www.brasil2016.gov.br. Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  5. "Paralympic Results & Historical Records". www.paralympic.org. Consultado o 22 de xullo de 2020. 
Kembali kehalaman sebelumnya