Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Martirio.
Denomínase mártir (do grego «μάρτυρας», «testemuña») á persoa morta na defensa dalgunha causa, co que dá «testemuño» da súa fe nela.
No cristianismo
No mundo occidental de tradición cristiá, a palabra ten historicamente connotacións relixiosas, pois se considerou que un mártir era unha persoa que morría pola súa ferelixiosa, e en moitos casos era torturada ata a morte.
Os mártires cristiáns dos tres primeiros séculos despois de Cristo eran asasinados polas súas conviccións relixiosas (ás veces eran crucificados como Cristo) do mesmo xeito que os prisioneiros políticosromanos ou guindados aos leóns nun espectáculo circense.[Cómpre referencia] Con todo, algúns historiadores da Igrexa, por exemplo John Fletcher e Alfonso Ropero afirman que houbo máis mártires cristiáns no século XX que no conxunto dos dezanove séculos anteriores.[1]
En moitas ocasións levántanse edificacións relixiosas posteriores alí onde se produciu un martirio cristián.
Notas
↑John Fletcher, Alfonso Ropero, "Historia General del Cristianismo", ISBN 978-84-8267-519-0, sección "La Iglesia Contemporánea", cap 16: "El siglo de los mártires"