NGC 6357, é unha nebulosa difusa preto de NGC 6334 na constelación de Scorpius. A nebulosa contén moitas proto-estrelas protexidas por discos escuros de gas, e as estrelas novas están implicadas na expansión de "casulos".
Esta nebulosa recibiu o nome de 'Nebulosa Guerra e Paz' por parte dos científicos do Midcourse Space Experiment debido á súa aparencia. Eles dixeron que en imaxes infravermellas a parte brillante e occidental asemellábase a unha pomba, mentres que a parte oriental parecíase a unha caveira.[4]
Pismis 24
Esta nebulosa inclúe o cúmulo estelar aberto Pismis 24, que é o fogar de varias estrelas de gran masa. Unha das estrelas máis brillantes do conxunto, Pismis 24-1, pensábase que posibelmente fose a estrela máis masiva da que se tiña constancia, achegándose ás 300 masas solares, ata que se descubriu un sistema binario no que cada unha das súas compoñentes excedía con moito as 100 masas solares.[5]
↑M. Fang; R. van Boekel; R. R. King; Th. Henning; J. Bouwman; Y. Doi; et al. (2012). "Star formation and disk properties in Pismis 24". A&A539: A119. doi:10.1051/0004-6361/201015914.
↑F. Martins; D. Schaerer; D. J. Hillier (2005). "A new calibration of stellar parameters of Galactic O stars". A&A436 (3): 1049–1065. doi:10.1051/0004-6361:20042386.