Nextlalpan é un concello ao norte do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades mexicanas de Jaltenco, Tecámac e con Zumpango. A súa área é de 54.51 km², e a súa poboación era de 34.374 habitantes no ano 2010.[1] A cabeza municipal é Santa Ana Nextlalpan.[2]
Nextlalpan identifícase co nome na lingua náhuatl de Nextlalpan (cfr. náhuatl actual nextli (cinza), tlalli (terra), e o sufixo de lugar -pan). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar da terra de cinza".
[Cómpre referencia]