Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Nic Dalton

Modelo:BiografíaNic Dalton
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Camberra, Australia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoBaixo e guitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoHalf A Cow (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webhalfacow.com.au… Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: e8025754-575f-43a8-9f40-995885b6095b Songkick: 2061704 Discogs: 404187 Editar o valor en Wikidata

Nic Dalton, nado en Camberra o 14 de novembro de 1964, é un músico australiano, coñecido por ser baixista da banda estadounidense de rock alternativo The Lemonheads no momento máis alto de popularidade. En Australia leva o selo Half A Cow, e foi membro durante moito tempo dos grupos Sneeze e Godstar con Tom Morgan, ademais de tocar en Ratcat e The Hummingbirds.

Traxectoria

Dalton comezou a interesarse pola música durante a súa adolescencia. Mentres vivía en Camberra tocou nos grupos Girls With Money, Get Set Go e The Plunderers, esta última formouse nesa cidade, pero trasladouse a Sydney en 1985, onde realizaron concertos e editaron material co nome Hippy Dribble and Captain Denim.

No ano 1989, Dalton fundou o selo Half A Cow, e abriu unha tenda de disco e libros en Sydney. No ano seguinte, Robyn St. Clare, baixista de The Hummingbirds deixou a banda durante o seu embarazo, e Dalton ocupou o seu posto durante unha xira por Australia como abreconcertos da banda estadounidense The Lemonheads. Evan Dando, o vocalista de The Lemonheads, fíxose amigo de Dalton e do seu compañeiro de banda en Sneeze Tom Morgan. Colaboraron xuntos musicalmente e o resultado do traballo de composición de Dando e Morgan sería o álbum It's a Shame about Ray, editado en 1992.

The Lemonheads

It's a Shame About Ray contou con Juliana Hatfield no baixo e nos coros xa que Dalton non puido chegar aos Estados Unidos para a súa gravación, e cando Hatfield se centrou na súa carreira en solitario Dando convidou a Dalton a unirse á banda como baixista. Dalton accedeu a pesar de estar neses momentos en Sneeze e Godstar.

Dalton tocou con The Lemonheads durante dous anos e medio, e gravou o álbum Come on Feel the Lemonheads de 1993. Co-escribiu a canción "Dawn Can't Decide" con Dando, e o resto dos temas poron compostos por Dando e Tom Morgan, agás o sinxelo "Into Your Arms", feito por Robyn St. Clare.

Despois de realizar a xira de promoción deste álbum Dalton deixou a banda e regresou a Australia. Dalton insistiu en que non había problemas entre el e Dando, e que regresaba porque botaba de menos á súa familia e aos seus amigos. Nic ensaiou con Dando e Murph, o batería de Dinosaur Jr., para a gravación de Car Button Cloth, editado en 1996, pero finalmente decidiu a invitación de quedar na banda.

Dalton tocou o baixo para Evan Dando durante a súa xira do 2003 por Australia, pero enfermou gravemente despois dun concerto en Melbourne, polo que aí finalizou a súa xira co seu vello compañeiro.

Kembali kehalaman sebelumnya