Nikolas Tomas "Nik" Stauskas, nado o 7 de outubro de 1993 en Mississauga, Ontario, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
O 26 de xuño de 2014, foi seleccionado na 8ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Sacramento Kings.[1] O 8 de xullo de 2014, asinou o seu contrato coma rookie cos Kings.[2]
O 10 de xullo de 2015, Stauskas foi traspasado ós Philadelphia 76ers xunto a Carl Landry, Jason Thompson e unha futura elección da primeira rolda do Draft, a cambio dos dereitos de Artūras Gudaitis e Luka Mitrović.[3]
O 7 de decembro de 2017, Stauskas foi traspasado xunto a Jahlil Okafor e unha elección da segunda rolda do Draft de 2019 ós Brooklyn Nets, a cambio de Trevor Booker.[4]
O 5 de xullo de 2018, Stauskas asinou cos Portland Trail Blazers.[5]
O 4 de febreiro de 2019, Stauskas foi traspasado xunto a Wade Baldwin IV e dúas eleccións da segunda rolda do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Rodney Hood.[6] Tres días máis tarde, o 7 de febreiro de 2019, Stauskas foi traspasado xunto a Iman Shumpert, Wade Baldwin IV e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Brandon Knight, Marquese Chriss e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings.[7] Horas máis tarde foi traspasado de novo xunto a Baldwin e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 e os dereitos de Maarty Leunen, desta vez ós Indiana Pacers.[8] O 8 de febreiro, foi cortado polos Pacers.[9] O 11 de febreiro, asinou cos Cleveland Cavaliers.[10]
O 1 de agosto de 2019, Stauskas asinou co Saski Baskonia da Liga ACB.[11] O 12 de febreiro de 2020, Stauskas e o Baskonia chegaron a un acordo para rescindir o contrato do xogador.[12]
O 31 de decembro de 2021, Stauskas asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.[13]
O 9 de xullo de 2022, Stauskas foi traspasado xunto a Aaron Nesmith, Daniel Theis, Malik Fitts, Juwan Morgan, e unha elección da primeira rolda do Draft de 2023 ós Indiana Pacers a cambio de Malcolm Brogdon.[14]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|