Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Nocedo .
Igrexa de Nocedo do Val
Nocedo do Val é unha parroquia do concello de Castrelo do Val na provincia de Ourense . Situada na marxe esquerda do río Támega , os seus habitantes viven da agricultura da pataca , o millo e os cereais . Tamén é terra de noces (orixe do seu nome) e de castañas . No outono son abundantes os cogomelos . En 2011 tiña 195 habitantes (102 homes e 93 mulleres).
Visitas de interese son os muíños de auga, o forno, a fonte, a igrexa e os cruceiros. Dende o monte de Bitón ten vistas panorámicas de todo o val de Verín. Tamén pasa por esta aldea a ruta dos carboeiros.
Topónimo
O topónimo galego Nocedo é un fitónimo , derivado do latín NUCĒTUM [ 2] que indica á presenza de nogueiras .
Lugares e parroquias
Lugares de Nocedo do Val
Parroquias de Castrelo de Val
Notas
Véxase tamén
Outros artigos