Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Nono de Panópolis

Modelo:BiografíaNono de Panópolis
Nome orixinal(grc) Νόννος ὁ Πανοπολίτης Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo V Editar o valor en Wikidata
Akhmim, Exipto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morteséculo V Editar o valor en Wikidata
Exipto (provincia romana), Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século V Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteNovo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1166172

Nono de Panópolis (en grego: Νόννος, Nonnos; e Nonnus na tradución latina) foi un poeta épico en lingua grega da Antigüidade tardía, nado en Panópolis (é a denominación grega; en árabe era أخميم‎, Ajmin ou Akhmin[1]), na Tebaida exipcia, por entón parte do Imperio Romano de Oriente.

Traxectoria

Viviu probabelmente a finais do século IV ou comezos do século V de nosa era.

Enrico Livrea é partidario de identificar ao poeta co bispo sirio de Edessa, que ten o mesmo nome.[2]

Escribiu as Dionisíacas, relato épico sobre o deus Dioniso, unha paráfrase do Evanxeo de Xoán e dous poemas que se perderon: a Batalla dos Xigantes e a Basarica.

Obras

As Dionisíacas é a obra principal de Nono. É un poema épico, escrito en Alexandría,[3] en corenta e oito libros (os mesmos que a Ilíada e a Odisea sumadas), nuns 21.000 hexámetros homéricos cuxo tema principal é a expedición de Dioniso á India e o seu regreso. O tema xa fora tratado con anterioridade, especialmente logo da expedición de Alexandre Magno á India, xa que o rei macedonio era a miúdo comparado con Dioniso.

Nos primeiros libros do poema nárrase o rapto de Europa, a Xigantomaquia, a historia mítica de Tebas, e só no libro VIII se describe o nacemento de Dioniso. A partir de aí, o poema narra os feitos e fazañas do deus, como un antigo compendio mitolóxico sobre Dioniso, cunha linguaxe colorida e alusións veladas a misterios dionisíacos, relixións orientais, maxia, astroloxía e mesmo elementos cristiáns. A obra foi comparada cos poemas épicos da India, por mor da súa desmesurada extensión. Destaca por unha versificación extremadamente correcta, que chega a facerse monótona. Para moitos autores, poida que sexa o último gran poema do paganismo antigo.

Consérvase tamén outra obra súa consistente nunha paráfrase do Evanxeo de Xoán, que parece indicar -aínda que isto se discute- que nos seus últimos anos Nono se converteu ao cristianismo. Consérvanse 3.750 hexámetros desta obra. Esta obra, pouco estudada, traslada o texto de San Xoán a verso homérico e de sabor arcaizante.

Hai outras obras atribuídas a Nono polas fontes, aínda que dubidosas. Só se conservan catro versos dunhas Basáricas (cuxo tema era tamén Dioniso) nun comentario de Estevo de Bizancio. De acordo cun epigrama da Antoloxía Palatina [4], Nono puido ser tamén autor dunha obra titulada Batalla dos Xigantes.

Notas

  1. Rubín, María José. "Ajmin y su museo al aire libre". sobreegipto.com. Consultado o 14-02-2019. 
  2. Livrea (1987), p. 113
  3. Livrea (1987), p. 98
  4. ix. 198

Véxase tamén

Bibliografía

  1. Edición de S. D. Manterola e L. M. Pinkler, ed. (1995). Volumen I: Cantos I-XII. ISBN 9788424916886. 
  2. Edición de David Hernández de la Fuente, ed. (2001). Volumen II: Cantos XIII-XXIV. ISBN 9788424922887. 
  3. Edición de David Hernández de la Fuente, ed. (2004). Volumen III: Cantos XXV-XXXVI. ISBN 9788424927035. 
  4. Edición de David Hernández de la FUente, ed. (2008). Volumen IV: Cantos XXXVII-XLVIII. ISBN 9788424902148. 
Sobre Nono de Panópolis

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya