Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Norte (homónimos).
Norte ou setentrión, símbolo N, é un dos catro puntos cardinais da Rosa dos Ventos, que ven orientado pola Estrela Polar. A orientación determinada polo norte tamén se adxectiva coma ártico, boreal ou setentrional. O seu punto cardinal oposto é o sur.
Etimoloxía de setentrión
Setentrión deriva etimoloxicamente do latínseptentrĭo, -ōnis, (septem, sete e trio, -ōnis, boi). Os romanos chamaban Septentrium ("sete bois") ás sete estrelas que conforman ó asterismo da constelación Ursa Major (Osa Maior) popularmente coñecido coma "O Carro", que é, supostamente, a cola e as pernas da Osa Maior. Denominábano así pola crenza antiga que lles facía pensar que sete bois tiraban permanentemente da esfera celeste, facéndoa xirar sobre o eixo que pasa pola estrela polar. A palabra non ten variado durante este tempo, e derivou a "setentrional" e "setentrión" có significado de "do norte" ou "procedente do norte". Esta palabra usase xeralmente para referirse ó norte e en particular para a Osa Maior e o Polo Norte .
Etimoloxía de "norte"
Norte provén da palabra norð, do inglés antigo, e esta deriva do protoindoeuropeo *ner, que significa "esquerda", posto que o norte está á esquerda cando un se enfronta ó Sol pola maña (orto solar).