Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Nunchaku

Dentro dun mesmo tipo de nunchakus pode haber diferentes presentacións. Aquí varios nunchakos diferentes aínda que do mesmo tipo.

O nunchaku (en xaponés: ヌンチャク nunchaku; en chinés: 雙節棍 shuāng jié gùn, 兩節棍 liǎng jié gùn, ou 二節棍 èr jié gùn) é unha das armas tradicionais das artes marciais asiáticas formada basicamente por dous paus curtos, xeralmente de entre 30 e 60 cm unidos nos seus extremos por unha corda ou cadea. O nunchaku é principalmente usado en accións de golpeo e bloqueo; con todo pode ser usado como complemento a varias técnicas de varridos, atrape, desarmamentos, luxación e estrangulamento.

Con lixeiras variacións na súa forma, tamén é empregado nas artes marciais filipinas co nome de tabak-toyok. A propia técnica de Bruce Lee cos nunchakus foi aprendida do seu alumno, e mestre destas artes, Dan Inosanto.[1]

O sansetsukon (三節棍 sān jié gùn, de orixe chinesa) é unha arma similar ao nunchaku, pero con tres varas no canto de dous.

Notas

  1. "The fighting weapons of filipino martial arts by Jay de Leon - World Black Belt Online". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 15 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya