O capitán John Smith e Pocahontas (en inglés: Captain John Smith and Pocahontas) é un filme estadounidense de 1953 dirixido por Lew Landers. Foi distribuído por United Artists e está protagonizado por Anthony Dexter, Jody Lawrance e Alan Hale.[1]
Malia que moitas das escenas foron rodadas nas montañas Blue Ridge de Virxinia, os exteriores foron rodados nos arredores do canón Bronson. Amosa a fundación da colonia de Jamestown polos ingleses e a relación entre John Smith e Pocahontas. Ela casou con John Rolfe na vida real. O filme tamén é coñecido co título alternativo de Burning Arrows.[2] Está considerado como filme B e conseguiu unha certa categoría de culto.
Estreouse en galego o 17 de xuño de 1995 na TVG.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas