O ente (en versión orixinal inglesa: The Entity) é un filme de terror estadounidense do ano 1982, dirixida por Sidney J. Furie e protagonizada por Barbara Hershey, quen interpretou a Carla Moran, unha muller californiana que era aterrada por un ente invisíbel.
Estreouse en galego na TVG o 11 de novembro de 2001.[1]
Sinopse
O filme trata do pesadelo de Carla Moran (Barbara Hershey), unha nai solteira con tres fillos atemorizada por unha entidade sobrenatural que a viola e bate nela múltiples veces. A muller recibirá a axuda de investigadores do paranormal, que conseguirán capturar o espírito.
Personaxes
Feitos reais
Presuntamente, o filme está baseado na vida de Doris Bither, pseudónimo da verdadeira Carla Moran, quen asegurou que aínda era agredida por un ser invisible, aínda que con menos frecuencia e intensidade que nos primeiros anos, posteriormente á estrea da película. Tras mudarse a Texas coa súa familia despois de ser investigada por un experto equipo de parapsicólogos e científicos, os ataques foron remitindo ata desaparecer completamente ao cabo de catro anos de mudarse. Tras ser diagnosticada de cancro polo Dr. Taff (Sneiderman na película), Doris morreu o 25 de xullo de 2006.
Premios e nomeamentos
Notas