O vello e o mar[2] (na versión orixinal en inglés: The Old Man and the Sea) é unha novela[3] escrita polo autor estadounidense Ernest Hemingway en 1951 en Cuba, que foi publicada en 1952. Trátase do maior traballo de ficción producido por Hemingway publicado durante a súa vida. É unha das súas obras máis sonadas e céntrase na personaxe de Santiago, un envellecido pescador que loita cun xigantesco peixe vela na corrente do Golfo.[4] The Old Man and the Sea foi galardoado co Premio Pulitzer de Obras de Ficción en 1953, e foi citado polo Comité dos Premios Nobel como contribución a que Hemingway recibise o Nobel de Literatura en 1954.
Foi traducido ó galego por Carlos Casares e foi publicado pola Editorial Galaxia no ano 1998.[2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Young, Philip (1952). Holt, Rinehart, & Winston, ed. Ernest Hemingway. Nova York. ISBN 0-8166-0191-7.
- Jobes, Katharine T. (1968). Prentice Hall, ed. Twentieth Century Interpretations of The Old Man and the Sea. Englewood Cliffs, Nova Jersey. ISBN 0-13-633917-4.