Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Orest Lebedenko

Modelo:BiografíaOrest Lebedenko
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1998 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Ucraína Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2017 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaUcraína Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
FC Karpaty Lviv

Instagram: o.lebedenko17 UEFA: 250137638 Editar o valor en Wikidata

Orest Zinoviiovych Lebedenko (en ucraíno: Орест Зіновійович Лебеденко), nado o 23 de setembro de 1998 en Lviv, é un futbolista ucraíno, que xoga como lateral esquerdo no Vizela, da Primeira Liga de Portugal.

Traxectoria

Inicios

Formouse como futbolista nas canteiras do Pokrova Lviv e do Karpaty Lviv e o 29 de xullo de 2017, con 18 anos, debutou co primeiro equipo deste último na Premier Liha ucraína, nun partido contra o Dynamo de Kíiv.[1] Militou no club da cidade de Lviv durante o seguinte ano e medio, ata que en xaneiro de 2019 foi traspasado ao Lugo, da Segunda división española.[2]

Lugo

Chegou a Lugo para cubrir o oco deixado polo seu compatriota Vasyl Kravets, pero durante os seus primeiros meses na cidade galega, con Alberto Monteagudo como adestrador, non dispuxo de ningún minuto de competición. Non foi ata a derradeira xornada de liga, con Eloy Jiménez no banco e coa permanencia xa asegurada, que debutou fronte ao Nàstic no Nou Estadi.[3]

Cesión ao Olimpik Donetsk

Na primeira metade da tempada 2019/20 disputou seis partidos e en xaneiro saíu cedido ao Olimpik Donetsk do seu país, na busca de máis minutos.[4][3][5] Militou durante unha tempada e media no equipo de Donetsk, onde rendeu a un bo nivel,[3] conseguindo a permanencia na máxima categoría en ámbalas dúas campañas, aínda que finalmente o club cesou as súas actividades en xullo de 2021.[6]

Regreso a Lugo

De volta en Lugo fíxose coa titularidade no equipo de Rubén Albés e disputou 37 partidos na campaña 2021/22, contribuíndo a lograr a permanencia un ano máis. Unha lesión nun ombreiro na primeira xornada da tempada 2022/23 provocou que perdese o seu posto no equipo titular en favor de Zé Ricardo.[7] O 21 de xaneiro de 2023, exactamente catro anos despois da súa chegada ao club lucense, fíxose oficial a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña. [8]

Deportivo da Coruña

Fíxose coa titularidade no lateral esquerdo do Deportivo dende o momento da súa chegada, desprazando ao banco ao coruñés Raúl Carnero. Foi titular en 15 dos últimos 18 partidos da liga regular e marcou o gol da vitoria ante o Talavera (0-1).[9] Rubén de la Barrera deulle a titularidade tamén na promoción de ascenso, pero o equipo caeu eliminado diante do Castellón. Ao remate da tempada foi traspasado ao Vizela, da Primeira Liga de Portugal.[10]

Selección ucraína

Foi 6 veces internacional coa selección sub-21 de Ucraína entre 2018 e 2020.

Notas

  1. "Динамо 5:0 Карпати". upl.ua (en ucraíno). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  2. "Orest Lebedenko nuevo jugador del CD Lugo". Club Deportivo Lugo (en castelán). 21 de xaneiro de 19. Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Iglesias, Denís (14 de xuño de 2021). "Entrevista Orest Lebedenko: “Quiero otra oportunidad en el CD Lugo para demostrar que puedo jugar a gran nivel”" (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  4. Meitín Buján, Ignacio (29 de marzo de 2020). "Los números del Lugo en la diáspora". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  5. "Lebedenko, cedido al Olimpik de Donetsk". Club Deportivo Lugo (en castelán). 1 de febreiro de 2020. Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  6. "«Олимпик» снялся с розыгрыша УПЛ 2021/22 и приостановил деятельность" (en ucraíno). 8 de xullo de 2021. Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  7. "Lebedenko, el mejor colocado como fichaje para el lateral izquierdo del Deportivo" (en castelán). 19 de xaneiro de 2023. Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  8. "Lebedenko, novo xogador do Dépor 22-23". Deportivo da Coruña. 21 de xaneiro de 2023. Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  9. Zautúa, Israel (1 de xullo de 2023). "Análisis de la plantilla: 12. Granero y Lebedenko; uno dijo adiós sin minutos; el otro, titular e irregular". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  10. Fernández, Xurxo (6 de xullo de 2023). "Lebedenko llega a un acuerdo para abandonar el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya