Francisco "Paco" Herrera Lorenzo, nado en Barcelona o 2 de decembro de 1953, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol catalán. Xogou na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
Como xogador
Os seus comezos como futbolista profesional xestáronse no CF Damm, do barrio barcelonés de Nou Barris, ao que lle seguiron 15 tempadas máis como xogador de Primeira e Segunda División no CE Sabadell, Sporting de Xixón, Levante UD e CD Badajoz.
Como adestrador
Comezou dirixindo as categorías inferiores do CD Badajoz, co que ascendeu en 1992 a Segunda División. Dous anos despois, xa compaxinaba o traballo da Secretaría Técnica co de adestrador, e foi entón cando se trasladou ao CD Numancia, ao que regresou logo de adestrar ao Club Polideportivo Mérida, pero xa en Primeira División.
Posteriormente, encargouse do Albacete Balompié, o Polideportivo Ejido e o Recreativo de Huelva, sempre obtendo bos postos na táboa clasificatoria.
De aí, pasou a ser axudante de Rafa Benítez no Liverpool FC, co que gañou a Liga de Campións da UEFA, a Supercopa de Europa e a FA Cup. Foi ademais subcampión da Copa Intercontinental.
Tras permanecer dous anos no equipo inglés, asinou como director deportivo do RCD Espanyol (equipo para o que traballou durante 3 tempadas, chegando a disputar a final da Copa da UEFA).
Finalmente, en febreiro de 2009 volveu á súa tarefa como adestrador profesional, esta vez no CD Castellón, deixando ao equipo no 6º lugar da táboa clasificatoria.
O 4 de febreiro de 2010 pasou a dirixir ao Villarreal B, en Segunda División, despois do ascenso de Juan Carlos Garrido ao primeiro equipo substituíndo ao destituído Ernesto Valverde.
Tras unha boa campaña, na que deixou ao Villarreal B en sétima posición, o 20 de xuño de 2010, ficha polo Real Club Celta de Vigo[1].
Tras dúas moi boas tempadas en Vigo ao final das cales acadou o ascenso a Primeira División foi destituído á metade da tempada 2012/13 tras unha mala racha de resultados que levaron ao equipo a postos de descenso. Foi substituído por Abel Resino[2].
En marzo de 2014 relegado como adestrador do Real Zaragoza. O seu substituto foi Víctor Muñoz.[3]
O 19 de outubro de 2015 foi cesado como adestrador do UD Las Palmas, debido aos malos resultados. O seu substituto foi Quique Setién.[4]
Palmarés
Como adestrador
Campionatos nacionais
Campionatos internacionais
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas