Pan American World Airways, comunmente coñecida como Pan Am, foi a principal e máis grande aeroliña internacional dos Estados Unidos dende 1927 ata o seu colapso o 4 de decembro de 1991. Fundada en 1927 como un servizo regular de correo e pasaxeiros operando entre Key West, Florida e A Habana, a compañía converteuse nunha importante empresa grazas a importantes innovacións que deron forma á industria aeronáutica internacional, como o uso xeneralizado dos reactores e os sistemas computerizados de reservas. Tamén foi membro fundador da Asociación de Transporte Aéreo Internacional (IATA), a asociación mundial da industria aérea. Identificada polo seu logo do globo azul, o uso da palabra "Clipper" nos nomes dos avións e nos seus inicativos, e as grras brancas dos seus pilotos, a aeroliña foi unha icona cultural do século XX. Nunha época dominada polas aeroliñas nacionais que eran propiedade, ou case, dos gobernos, foi tamén a aeroliña nacional non oficial dos Estados Unidos. Durante a meirande parte da era dos reactores, a principal terminal da Pan Am foi a Worldport situada no Aeroporto Internacional John F. Kennedy en Nova York.
|
|