Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Paul Éluard

Modelo:BiografíaPaul Éluard

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Eugène Émile Paul Grindel Editar o valor en Wikidata
14 de decembro de 1895 Editar o valor en Wikidata
Saint-Denis (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte18 de novembro de 1952 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Charenton-le-Pont (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 97 Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Colbert (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, membro da resistencia francesa, poeta, político, artista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Francés Editar o valor en Wikidata
MovementoSurrealismo e Dadaísmo Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioDidier Desroches
Maurice Hervent
Jean Du Haut
Paul Éluard Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeDominique Éluard (1951–1952), morte do cónxuxe
Nusch Éluard (1934–1946), morte do cónxuxe
Gala Éluard Dalí (1917–1929), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosCécile Éluard
 () Gala Éluard Dalí Editar o valor en Wikidata
PaisEugène Grindel Editar o valor en Wikidata  e Jeanne Cousin Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Элюар Поль)
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webeluard.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX842838 Bitraga: 912 Musicbrainz: 571e20b5-fb59-487b-b282-447de2ea5ace Discogs: 826508 IMSLP: Category:Éluard,_Paul WikiTree: Grindel-21 Find a Grave: 7687 Editar o valor en Wikidata

Eugène Grindel, máis coñecido co pseudónimo de Paul Éluard, nado en Saint-Denis o 14 de decembro de 1895 e finado en Charenton-le-Pont o 18 de novembro de 1952, foi un poeta francés.

Traxectoria

Despois dunha infancia feliz, viuse afectado por unha tuberculose que o obrigou a interromper os seus estudos. En Suíza, no sanatorio de Davos coñeceu a Gala coa que casou en 1917 e comezou a escribir os seus primeiros poemas. En 1918, Jean Paulhan descóbreo e asistirao durante toda a súa vida. Presentoulle a André Breton e Louis Aragon co que manterá toda a súa vida unha relación moi profunda pero tamén conflitiva (sempre ao redor do comunismo). Entrou no grupo dadaísta en Toulon. A súa contribución ao Dadaísmo comeza antes da chegada deste a París. Como Tristan Tzara estaba aínda en Zürich, editaron conxuntamente 4 carteis, dos que difunden pola cidade 1000 exemplares de cada un.

Tras unha crise conxugal, comeza unha volta ao mundo que termina en 1924. Os seus poemas de entón (L'Amour la poésie) son o testemuño dunha época difícil: recaída tuberculosa e separación de Gala que se converte na Exeria de Salvador Dalí con ocasión dunhas vacacións comúns das dúas parellas na casa de Dalí en Cadaques, transformada hoxe en museo.

En 1926, publica Capital da dor[1] que lle consagra como un poeta de primeira liña. En 1933 prodúcese unha "crise" coa súa exclusión do partido comunista francés ao que se afiliou en 1926, regresando ao partido clandestino en 1943, 10 anos despois en plena segunda guerra mundial. En 1934, casou con Nush, modelo de Man Ray e de Pablo Picasso, «a mascota, a moza dos Surrealistas». Desacordos políticos afastárono do grupo dos surrealistas 1938. Durante a segunda guerra mundial foi mobilizado e desenvolveu a súa actividade na resistencia.

Tumba de Paul Éluard.

Decide, sobre todo, loitar coas palabras. No seu poema Liberté (1942) xorde o xenio: transforma un poema de amor lixeiro e sublime en berro de protesta e compromiso que lle obriga a entrar na clandestinidade. A súa palabra aborda desde entón, de forma máis radical, temas militantes e comprometidos, aos que a extrema concisión formal do seu estilo dótalles dun maior impacto.

Tras a morte prematura de Nush, atopa o seu último amor, Dominique, e dedícalle o seu libro Le Phénix, transición entre o horror da longa decadencia de Nush e o renacemento polo amor de Dominique, no cal os temas da morte, da dúbida, da desesperación opóñense frontalmente coa vida, o amor, a sensualidade e a carne.

Morreu en 1952 a consecuencia dun infarto de miocardio, e está enterrado no cemiterio de Pére Lachaise en París.

Obras

Na súa obra pódense identificar diferentes etapas:

Etapa dadaísta

Iniciou a súa traxectoria dentro das vangardas dos anos 20, en compañía de André Breton e Louis Aragon. Dentro da estética dadaísta publicou

  • Le devoir et l'inquiétude (1917)
  • Les animaux et leurs hommes (1920)
  • Les malheurs des immortels (1922)

Etapa surrealista

Unha vez posto en marcha o surrealismo, convértese nunha das súas figuras máis importantes, achegando ao mesmo obras como

En 1930 escribe en colaboración con André Breton L'Immaculée Conception, un curioso libro de poemas en prosa no que imitan varias enfermidades mentais, na vea do método paranoico-crítico de Dalí. Este seduciu á muller de Éluard, Gala, provocando no poeta unha depresión que lle levou a desaparecer da vida pública durante varios meses.

Etapa comunista

Fóra xa do surrealismo, durante a segunda guerra mundial converteuse no cantor da Resistencia e comprometeuse coa causa do comunismo soviético. A esta época e a seguinte pertencen:

Notas

  1. Éluard, Paul (1997). Capital da dor. A Coruña: Espiral Maior. ISBN 9788489814080. 
  2. "Liberdade, obxecto-libro artesanal do GSG". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2018. Consultado o 12 abril 2018. 
Kembali kehalaman sebelumnya