O Pazo da Mota é unha casa señorial galega situado no lugar da Mota na parroquia de Riobó, no concello da Estrada.
Historia
O morgado do pazo da Mota foi fundado por Xoán Otero (1716-1799). O seu bisneto, o maxistrado Manuel Otero Maquieira, vendeu case toda a súa herdanza en 1852 a Ramón María Otero Estévez, que casara coa viúva do seu irmán Eduardo. Ramón e a súa esposa Ramona Arén, sen fillos, nomearon como herdeiros aos fillos ilexítimos de Pío Otero, Gumersindo e Blandina Concepción.[1]
O edificio
É un edificio de planta en "L", construído por planta baixa e piso. O portal de entrada ten un van alintelado recercado de moldura plana rematada con espadana. As fiestras son rectangulares recercadas de moldura. Ten galería e solaina. Conta cun celeiro integrado na casa e unha adega con bóveda de pedra.
Construcións anexas
Ten un hórreo de 10 claros e fonte sobre a que sobresae o escudo de armas da familia Guntín Taboada. Pola fachada principal accédese á capela na que hai un cruceiro presidindo a entrada.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas