Pedro Acuña Malvar, nado en Matalobos (Salcedo, Pontevedra) o 12 de abril de 1755 e finado en Madrid en de 1814, foi un sacerdote e político galego. Foi sobriño de Sebastián Malvar Pinto e irmán de Manuel Acuña Malvar.
Traxectoria
Fillo de Ignacio Acuña Martínez e de María Malvar Pinto, en 1777 acompañou a seu tío o franciscano Sebastián Malvar a América cando este foi nomeado bispo de Buenos Aires. Foi gobernador, provisor e vigairo do arcebispado de Santiago de Compostela e cóengo da Catedral de Santiago de Compostela. Logo de ocupar varios postos na Corte Real, en 1791 foi nomeado secretario do Despacho de Graza e Xustiza polo rei Carlos IV.
Abandonou o posto e regresou a Galiza. Cando comezou a Guerra da Independencia española loitou contra as tropas francesas, mais foi acusado de conspirar contra a Xunta Suprema do Reino de Galicia.
Legou a súa importante biblioteca ó cabido de Santiago de Compostela, así como unha das máis ricas coleccións de tapices á catedral.[1]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía