Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Pedro Pena Gamallo

Modelo:BiografíaPedro Pena Gamallo
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1853 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xuño de 1920 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Santiago de Compostela
23 de xaneiro de 1909 – 15 de febreiro de 1909
← Lino Torre Sánchez-SomozaManuel Fuentes Rodríguez → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial, político, peiteador Editar o valor en Wikidata

Pedro Pena Gamallo, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1853[1] e finado na mesma cidade o 18 de xuño de 1920[2], foi un industrial e político galego.

Traxectoria

Foi peiteador de profesión, propietario de varios establecementos santiagueses, como a Peluquería y Barbería de Pedro Pena (rúa do Vilar, 45), La Reina del Tocador. Perfumería de Pedro Pena (rúa do Vilar, 66) e o Gran Salón de Peluquería de Pedro Pena (praza do Toural, 3).

Membro do Partido Liberal vencellado ao monterismo, foi concelleiro de Santiago de Compostela dende 1889. Logo da dimisión do alcalde Lino Torre Sánchez-Somoza o 17 de xaneiro de 1909, foi nomeado alcalde interino de Santiago de Compostela o 23 de xaneiro, permanecendo no cargo até mediados de febreiro de 1909. Posteriormente volveu ser concelleiro e Tenente-Alcalde, ocupando de novo accidentalmente a alcaldía no mes de maio do mesmo ano por enfermidade do alcalde, Manuel Fuentes Rodríguez.


Predecesor:
Lino Torre Sánchez-Somoza
 
Alcalde de Santiago
 
1909
Sucesor:
Manuel Fuentes Rodríguez

Vida persoal

Casou con Gabriela Pérez Pereira e tivo dous fillos, María e Pedro.

Notas

  1. Padrón veciñal de Santiago dos anos 1900 e 1903 (AHUS http://www.usc.es/arquivo/).
  2. El Compostelano, 19-6-1920, p. 4.
Kembali kehalaman sebelumnya