Penélope Cruz Sánchez, nada en Madrid o 28 de abril de 1974, é unha actrizespañola. Aínda que inicialmente foi bailarina e presentou programas de televisión, é mundialmente coñecida pola súa faceta cinematográfica, participando en películas realizadas en español, inglés e outros idiomas, coas que acadou un éxito importante e varios premios.
Traxectoria
Infancia e adolescencia
Penélope Cruz é filla de Eduardo Cruz (comerciante) e Encarna Sánchez (peiteadora), unha familia humilde de San Sebastián de los Reyes, Madrid. Axiña se sentiu atraída polo mundo da arte e a interpretación e, especialmente desde o momento no que viu a película ¡Átame! nun cinema da Praza Maior de Madrid. A partir dese momento decidiu ser actriz para poder chegar a cumprir un soño: traballar con Almodóvar. Completou o segundo ano do ensino secundario pero deixou a escola ós quince anos tras bater a máis de 300 rapazas nunha audición de talentos. Recibiu nove anos de aprendizaxe de ballet clásico no Conservatorio Nacional de Madrid, catro anos de mellora da danza en diversos cursos na Escola Cristina Rota en Nova York, e tres anos de ballet español con Ángela Garrido. Tamén realizou cursos de baile de jazz con Raúl Caballero.
Carreira cinematográfica
A primeira aparición notoria de Penélope foi a súa participación no videoclip "La fuerza del destino" do grupo technopopMecano. Máis adiante comezou unha relación que durou varios anos con Nacho Cano, membro do grupo xunto con José María Cano e a vocalista Ana Torroja.
Foi condutora de La quinta marcha, un programa de televisión orientado a adolescentes onde coincidiu con Jesús Vázquez.
Tamén por este papel recibiu no mes de outubro de 2006 o premio á mellor interpretación feminina nos Hollywood Awards, galardóns outorgados anualmente por críticos de cinema, produtores e directores de festivais e obtivo un nomeamento ó Globo de Ouro coma mellor actriz.
O papel de Raimunda en Volver tamén lle valeu a Penélope Cruz o Premio Goya á mellor actriz protagonista en 2007, así como un nomeamento ao Premio Oscar na mesma categoría, convértendose na primeira intérprete española en ser candidata a este galardón.
Vida persoal
Practica a filosofíabudista. En 2000, tras protagonizar a película All the pretty horses tomou a decisión de facerse vexetariana.
En 2006 rompeu a súa relación con Matthew McConaughey ó que coñeceu na película Sahara. Previamente estivera con Tom Cruise, co que mantén unha boa amizade.
Ten un irmán, Eduardo Cruz, músico e cantante, e unha irmá, Mónica Cruz, tamén actriz e bailarina, que saltou á fama como unha das protagonistas da serie Un paso adelante, e que garda un gran parecido físico con Penélope.