Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Pere Gimferrer

Modelo:BiografíaPere Gimferrer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, ensaísta, escritor, tradutor, crítico literario Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Participou en
19 de xuño de 2002Manifesto contra a morte do espírito e da terra Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm2226913 BNE: XX924705 Dialnet: 264821 Editar o valor en Wikidata

Pere Gimferrer Torrens[1], nado en Barcelona o 22 de xuño de 1945, é un poeta, prosista, crítico literario e tradutor catalán e español. A súa obra literaria está composta tanto de obras en castelán como en catalán. Foi elixido membro da Real Academia Española en 1985. Premio Nacional das Letras Españolas en 1998.[2][3]

Escritor Galego Universal, nomeado pola AELG en 2016.

Traxectoria

Inicia a súa actividade como poeta con Mensaje del Tetrarca (1963). Séguenlle Arde el mar (Premio Nacional de Poesía, 1966) e La muerte en Beverly Hills (1968) e Extraña froita y otros poemas (1969). En 1968 foi incluído na Antología de la nueva poesía española. Naquela época reivindicaba as influencias de autores vivos que coñecía persoalmente, como Vicente Aleixandre e Octavio Paz, así como os exemplos lidos de Lautréamont, Federico García Lorca e Wallace Stevens.[4]

En 1970 escribiu e publicou Els miralls, o seu primeiro libro de poesía en catalán, que pronto foi seguido por Hora foscant (1972) e Foc cec (1973). É esta unha poesía discursiva, metaliteraria, que ensaia enlazar o Barroco e as vangardas. Explora as tenues fronteiras entre realidade real e realidade artística. En 1981 recompilou toda a súa obra anterior en Mirall, espai, aparicions, que incluía un libro novo, Aparicions. Posteriormente publicou El vendaval (1989) e A llum (1991), nas cales domina a nota visual, o epigrama. Mascarada (1996) é un longo poema unitario no cal, cun transfondo parisiense (paisaxe e referencias literarias), insiste en temas da experiencia amorosa, chegando a extremos de crueza e provocación. En L'agent provocador (1998), as prosas poéticas son unha reflexión sobre como o eu se fai autoconsciente na escritura, o paso do eu activo ao eu reflexivo, combinado con detalles autobiográficos. No ano 2000 Visor editou Poemas (1962-1969), recompilación de toda a poesía orixinariamente escrita en castelán.

Tamén foi autor de obra en prosa, como o Dietari. 1979-1980 (1981) e Segon dietari. 1980-1982 (1982), recompilacións dos artigos publicados no xornal barcelonés El Correo Catalán. Hai unha serie de temas recorrentes: a actitude de rexeitamento e de silencio que caracteriza os intelectuais en determinados momentos da historia; a crítica do poder e a política; o poeta e o artista en aprendizaxe constante; a vontade de definir o momento cultural catalán; as evocacións persoais literarias, artísticas, cinematográficas.

Tamén escribiu unha novela, Fortuny (1983), premio Ramón Llull e premio Joan Crexells.

O 15 de outubro de 2009 durante a entrega do Premio Planeta, na que el forma parte como xurado, tivo un repentino desmaio polo que tivo que ser trasladado ao hospital.[5]

Obra

Poesía

  • 1963: Mensaje del Tetrarca
  • 1966: Arde el mar
  • 1968: La muerte en Beverly Hills
  • 1969: Extraña fruta y otros poemas
  • 1970: Els miralls
  • 1972: Hora foscant
  • 1973: Foc cec
  • 1977: L'espai desert
  • 1981: Mirall, espai, aparicions : poesia (1970-1980) . Inclou Aparicions i Com un epíleg.
  • 1988: El vendaval
  • 1991: La llum
  • 1996: Mascarada
  • 1997: Obra catalana completa, 1: poesia
  • 1999: Antologia poètica
  • 2000: Poemas (1962-1969)
  • 2001: El diamant dins l'aigua
  • 2006: Amor en vilo
  • 2008: Tornado
  • 2011: Rapsodia
  • 2012: Alma Venus
  • 2014: El castell de la puresa
  • 2014: Per riguardo
  • 2016: Marinejant
  • 2016: No en mis días
  • 2018: Las llamas

Narrativa

  • 1983: Fortuny
  • 1996: Obra catalana completa, 4: figures d'art
  • 2001: La calle de la guardia prusiana

Ensaio

  • 1974: La poesia de J.V. Foix
  • 1974: Antoni Tàpies i l'esperit català
  • 1977: Max Ernst o la dissolució de la identitat
  • 1978: Miró: colpir sense nafrar
  • 1981: Dietari (1979-1980)
  • 1982: Segon dietari (1980-1982)
  • 1983: Lecturas de Octavio Paz
  • 1985: Los raros
  • 1985: Cine y literatura
  • 1986: Perfil de Vicente Aleixandre
  • 1988: Giorgio De Chirico
  • 1993: Valències
  • 1993: Les arrels de Miró
  • 1996: L'obrador del poema
  • 1996: Obra catalana completa, 3: dietari complet, 2
  • 1997: Obra catalana completa, 2: dietari complet, 1
  • 1997: Obra catalana completa, 5: assaigs crítics
  • 1998: L'agent provocador
  • 2006: Interludio azul

Traducións

Do francés ao catalán:

  • 1979 : Llorens Artigas de Pierre Courthion
  • 1981 : La cartoixa de Parma de Stendhal
  • 1982 : Contes filosòfics de Voltaire
  • 1982 : L'educació sentimental de Gustave Flaubert amb Miquel Martí i Pol

Do italiano ao castelán:

  • 1976 : Arquitectura de Sert a la Fundació Miró de Bruno Zevi

Do catalán ao castelán:

  • 1968 : Teatro de Joan Brossa
  • 1978 : Obra poètica d'Ausiàs March
  • 1979 : Mujeres y días de Gabriel Ferrater (amb José Agustín Goytisolo i José María Valverde)
  • 1982 : Curial y Güelfa (anònim)
  • 1989 : Espejo roto de Mercè Rodoreda

Outros

  • 2009: Prólogo á edición de bibliófilo do "Llibre de Meravelles" de Ramon Llull, editado por l'Enciclopèdia Catalana.

Premios

  • Premio Nacional de Poesía (España) (1966 e 1989)
  • Premio Internacional de Ensaio Gertrude Stein (1974)
  • Premio Josep Carner do Institut d’Estudis Catalans (1974 e 1977)
  • Premio Lletra d’Or (1977)
  • Premio Anagrama de ensaio (1980)
  • Premio da Xeneralitat (1981, 1989 e 1997)
  • Premio Cidade de Barcelona (1981 e 1989)
  • Premio da Crítica Serra d’Or (1982, 1984 e 1989)
  • Premio Joan Crexells (1983)
  • Premio Ramon Llull de novela (1983)
  • Premio da Crítica de narrativa catalá (1983)
  • Chave de Barcelona (1986)
  • Premio da Crítica de poesía catalá (1988)
  • Premio Cavall Verd (1988)
  • Premio Mariano de Cavia (1992)
  • Premio Liberdade do Centro Internacional de Paz de Saraievo (1995)
  • Premio Nacional de Literatura de Cataluña (1997)
  • Premio Nacional das Letras Españolas (1998)
  • Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2000)
  • Premio Rosalía de Castro, Centro PEN Galicia.
  • Premio Internacional de Poesía e Ensaio Octavio Paz (2006)
  • Premio Terenci Moix (2007)
  • Premio Cavall Verb da Asociación de Críticos Españois
  • Cruz de San Jorge de Cataluña
  • Premio Paquiro do Cultural do Mundo (2010)
  • AELG: Escritor Galego Universal (2016)
  • Premio Internacional de Poesía Cidade de Granada Federico García Lorca (2017)[6]

Notas

  1. "Old Database". web.archive.org. 2010-06-18. Archived from the original on 18 de xuño de 2010. Consultado o 2020-12-03. 
  2. "Pere Gimferrer Torrens". Real Academia Española (en castelán). Consultado o 2020-12-03. 
  3. "Pere Gimferrer". amediavoz.com. Consultado o 2020-12-03. 
  4. Batlló, José (1968). El Bardo, ed. Antología de la Nueva Poesía Española (en castelán) (1ª ed.). Barcelona: Ciencia Nueva S.L. B. 7898-1968. 
  5. "Gimferrer, hospitalizado al sufrir una lipotimia tras el fallo". La Vanguardia (en castelán). 2009-10-15. Consultado o 2020-12-03. 
  6. Redacción (Granada) (24 de noviembre de 2017). "Pere Gimferrer obtiene el premio García Lorca de Poesía". ABC. p. 69. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Kembali kehalaman sebelumnya