Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Phoenix

Véxase tamén: Phoenix (sonda espacial).
Modelo:Xeografía políticaPhoenix
Fotomontaxe
Imaxe

AlcumeValley of the Sun Editar o valor en Wikidata
EpónimoFénix Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 33°26′54″N 112°04′26″O / 33.4483, -112.0739
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoArizona
County of Arizona (en) TraducirCondado de Maricopa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.608.139 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.198,78 hab./km²)
Número de fogares580.835 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaRegião metropolitana de Phoenix (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:4.845.832) Editar o valor en Wikidata
Superficie1.341,477468 km² Editar o valor en Wikidata
Auga0,24 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porSalt River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude331 m-331 m Editar o valor en Wikidata
Creación1868 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataKate Gallego (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoPhoenix City Council (en) Traducir , (Escano: 8) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal85001–85087 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico623, 480, 602 e 520 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webphoenix.gov Editar o valor en Wikidata
Facebook: CityofPhoenixAZ Twitter: cityofphoenixaz Instagram: cityofphoenixaz Youtube: UCx7FQNzOFCbtExt_gRub9JQ BNE: XX5069792 Editar o valor en Wikidata
Vista da cidade de Phoenix.

Phoenix é a capital, a maior cidade e a maior área metropolitana do estado estadounidense de Arizona. Phoenix incorporouse o 5 de febreiro de 1881. É a principal cidade da Área Metropolitana de Phoenix e a 7 cidade do país. Os indios navajo chaman á cidade Hoodzo que significa literalmente "este lugar é caloroso", actualmente é a cidade con maior crecemento nos Estados Unidos.

Historia

Prehistoria

Os primeiros asentamentos no Val do Sol estableceunos o pobo hohokan ao redor do ano 300 adC. Construíron as primeiras granxas e estableceron un sistema de canles que permitía traer a auga desde o río Salgado. Viviron tamén nas ruínas de Pobo Grande entre o 700 e o 1400. Foi un pobo emprendedor e imaxinativo. O seu sistema de irrigación compendría uns 217 km de canles.

Orixe da cidade

En 1867, o aventureiro Jack Swilling parou para descansar na zona norte das Montañas White Tank. Descubriu que a área tiña numerosas zonas agrícolas, libres de xeadas. Só se necesitaba auga. En 1868 construíu unha canle que traía auga desde o río Salgado e fundou unha pequena colonia a uns 6 quilómetros da actual cidade. O nome de Phoenix (fénix) deullo o pioneiro Darrel Dupa simbolizando así o nacemento dunha nova civilización sobre as ruínas deixadas polos hohokan. A cidade foi recoñecida oficialmente o 4 de maio de 1868.

Prosperidade e modernidade

A chegada do ferrocarril en 1880 foi o primeiro de diversos acontecementos que revolucionaron a economía de Phoenix. A cidade converteuse nun centro de comercio na que os produtos chegaban aos mercados das costas leste e oeste do país. A Cámara de Comercio de Phoenix de estableceu en 1888.

En 1902, o presidente Theodore Roosevelt permitiu a construción de presas na zona oeste, satisfacendo así as demandas dos habitantes do Val do Sol. En 1911 a presa Roosevelt, unha das maiores do mundo, empezou a ser operativa. A presa creou tamén o Lago Roosevelt que ampliou a zona de irrigación. O 14 de febreiro de 1912, o presidente William Howard Taft instituíu o estado de Arizona e nomeou a Phoenix como o seu capital.

Xeografía

Phoenix atópase a 33°31'42" norte 112°4'35" oeste na zona central de Arizona, no corazón do Deserto de Sonora. A área metropolitana inclúe as comunidades de Glendale, Mesa, Scottsdale, Tempe, Chandler, Gilbert, Peoria e outras máis pequenas. Ademais, na área establecéronse diversas comunidades de retiro como Sun City.

A cidade ocupa unha área de 1.230,5 km² dos cales 1.229,9 pertencen a terra e 0,6 a zona de auga.

Clima

É habitual que a cidade teña o ceo despexado, cunha media de 300 días de sol ao ano. A temperatura alcanza os 38 °C durante 89 días ao ano, sobre todo entre os meses de xuño e setembro. No verán adóitanse alcanzar temperaturas de máis de 40 °C. A temperatura máxima alcanzouse o 26 de xuño de 1990 ao chegar os termómetros a marcar os 50 °C.

MesTemperaturas medias e precipitación: weather.com.Datos sobre o clima: weatherbase.com. Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima media (°C) 19 21 24 29 34 39 41 39 37 31 24 19 30
Temperatura mínima media (°C) 5 7 9 13 18 22 27 26 22 16 9 6 15
Precipitación (mm) 21 20 27 6 4 2 25 24 19 20 19 23 210

Cidades irmandadas

Phoenix está irmandada con dez cidades[1]:

Notas

  1. Phoenix Sister Cities Commission Arquivado 24 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (consultado o 21 de abril de 2006).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya