Logo de estudar na École polytechnique (Escola Politécnica), pasou unha tempada rn Italia. Decidiu consagrarse á pintura ao estudar a obra de Eugène Delacroix e de Thomas Couture. Ao principio da súa actividade artística expuxo no Salón de 1850, pero posteriormente tivo problemas para continuar facéndoo.
Entre 1854 e 1855, Puvis de Chavannes realizou frescos e pinturas murais en Amiens e máis no Panteón de París. As súas obras, nas que son frecuentes as pinturas murais, son propias do movemento simbolista pictórico.
En Montmartre tivo relacións cunha das súas modelos, Suzanne Valadon, quen, pasado o tempo, se convertería nunha das artistas máis importantrs da súa época.
En 1890, foi un dos fundadores da Société Nationale des Beaux-Arts (Sociedade Nacional das Belas Artes), da cal máis tarde sería presidente, e que tempo despois poría o seu nome a uns premios, primeiro outorgados no Musée d'art moderne du Trocadero (Museo de arte moderna do Trocadero) e logo no Grand Palais des Champs-Élysées (Campos Elisios).
↑en letras de ouro sobre do cadro: ECHAPPE A LA SERRE ENNEMIE LE MESSAGE ATTENDU EXALTE LE COEUR DE LA FIERE CITE: ESCAPADA DO CERCO INIMIGO A MENSAXE OUVIDA EXALTA O CORAZÓN DA ORGULLOSA CIDADE
↑en letras de ouro sobre do cadro: LA VILLE DE PARIS INVESTIE CONFIE A L'AIR SON APPEL A LA FRANCE: A CIDADE DE PARÍS ATACADA CONFÍA AO AIRE O SEU CHAMAMENTO A FRANCIA