O plátano oriental (Platanus orientalis), é unha grande árbore caducifolia da familia Platanaceae, amplamente distribuída e dunha longa vida.
Localización
A súa área de distribución nativa inclúe polo menos Eurasia dende os Balcáns até o Irán. Algúns autores estenden a súa área de distribución dende a Península Ibérica polo oeste, até o Himalaia polo leste, pois é sabido que se cultiva dende épocas antigas en moitas destas rexións, sendo difícil de establecer se verdadadeiramente é indíxena. En Galicia non é nativa, atopando soamente a súa especie irmá e híbrida: [o plátano común.
Na Turquía chámanlles Çinar (chinar) e recibe o nome de Chenar no Irán e mais na India.
Adoita atoparse de xeito natural nas marxes dos ríos, xunto a especies coma os amieiros, salgueiros e lamagueiros. Porén, é aboslutamente capaz de ter unha sobrevivencia con éxito en solos secos unha vez que se establece.
A espora que produce esta árbore causa unha reacción alérxica frecuente.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Platanus orientalis 1998, World Conservation Monitoring
Ligazóns externas