Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Polbo á feira

Polbo á feira

Orixe Galicia Galicia
Gastronomía Gastronomía de Galicia
Ingredientes
Orixe animal Polbo
Orixe vexetal Aceite de oliva
Condimentos Pemento picante
Pemento doce
Sal común

O polbo á feira é un prato típico de Galicia e básico na súa gastronomía consistente en polbo fervido enteiro e servido con sal, aceite de oliva e pemento. O seu nome provén de que é unha comida tradicional nas feiras e romarías, nas que se serve en pratos de madeira (máis doados de transportar).

Era un prato moi común nunha época en que os transportes eran moi lentos e o peixe fresco só estaba dispoñíbel preto da costa, porén o polbo seco (como o bacallau ou o congro) chegaba a todas partes.

Receita

Pota de polbo á feira.

Ingredientes

Polbo e empanada.

Preparación

  • Hai que mazar o polbo para que non estea duro, aínda que hoxe en día simplemente se conxela.
  • Unha vez mazado ou desconxelado, ponse a ferver auga abundante nunha pota de cobre. Cando estea fervendo, cóllese o polbo pola cabeza e mergúllase unhas can­tas veces na auga (meténdoo e sacándoo) para que non solte a pel.
  • Déixase cocer de 40 a 50 minutos, dependendo do tamaño do polbo.
  • Unha vez coci­do, escórrese e córtase cunhas tesoiras en anacos de 1 cm de groso.
  • Sérvese nun prato de madeira aliñado con sal groso, aceite e pemento.
  • Dependendo do forte que o quei­ramos, engádese o pemento picante, doce ou mesturado.

O tradicional é comelo con escarvadentes. Acompáñase, ás veces, de patacas cocidas que se se cocen na propia auga do polbo adquiren unha coloración rosada.

A preparación do polbo nas feiras e romaxes facíana mulleres que se chamaban "polbeiras"[1]. Tamén se chaman "polbeiras" os locais especializados neste prato que se atopan nas vilas e cidades[1].

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 "polbeiro/a". Dicionario Real Academia Galega. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2013. Consultado o 08 de novembro de 2013. 

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya