Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Príncipe de Gales

O Príncipe de Gales é, dende 1301, o título do herdeiro dos monarcas británicos. A tradición iniciouna Eduardo I de Inglaterra en 1301 quen lle deu este título ó seu fillo, o príncipe Eduardo (posteriormente Eduardo II de Inglaterra) despois da anexión do País de Gales por Inglaterra, a través do Estatuto de Rhuddlan.

Lenda

Segundo unha famosa lenda, o rei prometeulles aos galeses que conquistara que nomearía "un príncipe nado en Gales, que non falara unha palabra de inglés" e despois nomeou o seu fillo como príncipe para sorpresa dos galeses. Eduardo II realmente naceu en Caernarfon, Gales, mentres que o seu pai loitaba alí, e como moitos infantes é probable que naquel tempo non falara inglés (en realidade, ó crecer na corte é probable que o seu primeiro idioma fose o francés normando e non o inglés).

Ó contrario que os títulos de Duque de Cornualla e Duque de Rothesay que os adquire ó nacer o herdeiro da coroa ou pola ascensión do seu proxenitor á coroa, a creación dun título de Príncipe de Gales depende da vontade do soberano.

O lema do Príncipe de Gales é Ich dien (eu sirvo en alemán).

Listaxe dos príncipes de Gales

Nota: as datas fan referencia ó período en que a persoa en cuestión foi Príncipe de Gales.

Kembali kehalaman sebelumnya