Trátase dunha praia fecuentada por nudistas,[1] así como por surfistas (debido ás súas ondas).
Características
A súa extensión é de 350 m, e ten 35 m de anchura. O seu nivel de ocupación en verán é medio-alto. É unha praia illada sen paseo marítimo, e está principalmente composta por rochas e area branca e dourada.[2][3]
É unha praia de ámbito virxe, con forma de enseada. Á súa dereita atópase o coñecido castro de Baroña, ao que é recomendable facer unha visita.[3]
O estado habitual do mar é de ondadas de moderadas a fortes. A praia está sometida a un forte vento. Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis.[2] Límpase diariamente.[3]
A principio da década de 1980 saltou aos medios de comunicación[4] por ser unha praia escollida polos nudistas, o que en principio trouxo certa polémica.[3]
É unha praia apta para practicar o submarinismo. Ademais é unha das praias onde máis se practica o surf pola constante ondada do que goza.[2][3]
A praia conta con servizo de autobús interurbano. Non dispón de aparcadoiro. O acceso a pé, desde a estrada AC-550, é fácil,[2] e para acceder a ela hai que baixar unha acusada pendente (sinalizada).[3]