A praia de Santo Antón ou praia de San Antón é un dos areais que forman parte da costa da parroquia de Espasante, no concello coruñes de Ortigueira.
É unha praia aberta cuns 450m de lonxitude e 30m de anchura. Ten concedida a bandeira Azul e dispón de servizos, tales como acceso a discapacitados, vixilancia, posto da Cruz Vermella, duchas, miradoiro etc.
O seu nome venlle dado pola proximidade da capela de Santo Antón, que se levanta por riba dela. A súa situación, a carón da vila de Espasante faina ben concorrida durante os meses do verán. Coas grandes baixantes da marea é posible pasar a pé cara a praia do Eirón, na veciña parroquia de Céltigos, da que a separa un promontorio rochoso.
Galería de imaxes