Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Premio Ada Byron á muller tecnóloga

O Premio Ada Byron á Muller Tecnóloga concédese anualmente na Universidade de Deusto a mulleres tecnólogas para visibilizar a súa traxectoria excelente. Búscanse aquelas mulleres que teñen a súa referencia nas científicas e tecnólogas que levan séculos facendo achegas importantes en distintas disciplinas científicas, como a que dá nome a este premio, Ada Byron.

Obxectivos

O premio ten como obxectivos:

  • Dar visibilidade ás mulleres dentro do mundo da tecnoloxía recoñecendo o seu importante labor, insuficientemente coñecida no conxunto da sociedade.
  • Enriquecer a sociedade con eventos de difusión tecnolóxica, achegando modelos de mulleres para as novas xeracións.
  • Fomentar vocacións tecnolóxicas achegando o traballo tecnolóxico ás e os adolescentes, resaltando os aspectos positivos, especialmente nas vocacións femininas.
  • Visibilizar socialmente a importancia da tecnoloxía para o crecemento económico e como valor de futuro para a sociedade.

Historia

O Premio Ada Byron á Muller Tecnóloga creouse o 13 de outubro de 2015 na Universidade de Deusto.[1] O 10 de xaneiro presentouse o premio Ada Byron 2017.[2] O 16 de maio entrégase o premio Ada Byron 2019.[3]

Galardoadas

Edición Ano Premio Ada Byron Premio Ada Byron (mocidade) Accésit
I 2014 Montserrat Meya Llopart - Andrea Blanco
II 2015 Asunción Gómez Pérez - Begoña García-Zapirain
III 2016
Nuria Oliver
- -
IV 2017 Regina Llopis Rivas - -
V 2018 María Ángeles Martín Prats - -
VI 2019 Concepción Alicia Monje Micharet[3] Ana Freire[3] -
VII 2020 Laura Lechuga[4] Susana Ladra[4]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya