Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Premio Carvalho Calero

Premio Carvalho Calero
Tipopremio
Data de fundación1990
Nomeado en referencia aRicardo Carballo Calero
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]
Monumento a Carvalho Calero en Santiago de Compostela, por José Molares.

Os premios Carvalho Calero son premios de investigación lingüística e creación literaria, outorgados polo Concello de Ferrol, que levan o nome do autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, filólogo e escritor galego, mestre de varias xeracións. O primeiro certame data do ano 1990 tras a morte de Carvalho Calero. As dezaoito primeiras, anuais, mais as dúas últimas, bianuais para evitar que as dificultades económicas poidan causar problemas a este certame. No ano 2008 fíxose unha paréntese co fin de axustar as convocatorias deste galardón literario e proceder á súa renovación.

Orixe e contexto histórico

Tras a ditadura franquista, Galicia tentou devolver o status lingüístico e literario ao pobo galego. Tras a morte deste filólogo no ano 1990, pretendeuse impulsar á sociedade a escribir nesta lingua. Para iso, creouse o Premio Carvalho Calero, que dotara aos gañadores de ambas as modalidades cunha contía económica que, dependendo da edición, rolda os 3 700 €, e a publicación da obra.

A entidade organizadora foi a Sociedade Cultural Medulio, que naceu cos obxectivos de promoción e defensa da cultura galega na perspectiva da súa normalización, e posteriormente fíxose cargo o Concello de Ferrol. Os premios son bianuais, mais no ano que non se celebran o Concello de Ferrol convoca o Premio de Investigación concibido para fomentar políticas de igualdade impulsadas dende diferentes entidades e que, como novidade, nesta edicióncal? ampliaranse a todo tipo de iniciativas de acción social. O obxectivo desta convocatoria é recoñecer publicamente e distinguir a traxectoria profesional duna actuación de calidade no ámbito dos servizos sociais, de políticas de xénero e loita contra a violencia de xénero.

Premios

1990 (I edición) Narración curta Xoán Ignacio Taibo, Informe bestiario[1]
Investigación lingüística ou ensaio
1991 (II edición) Narración curta Henrique Dacosta, Mar para todo o sempre[2]
Investigación lingüística ou ensaio José Martinho Montero Santalha, Carvalho Calero e a sua obra
1992 (III edición) Narración curta
Investigación lingüística ou ensaio
1993 (IV edición)[3] Narración curta Henrique Dacosta, Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias
Investigación lingüística ou ensaio Laura Tato Fontaíña, Teatro e nacionalismo (Ferrol 1915-1936)
1994 (V edición) Narración curta Manuel Lourenzo González, As paisaxes compartidas
Investigación lingüística ou ensaio
1995 (VI edición)[4] Narración curta Xesús Manuel Marcos, Terra queimada
Investigación lingüística ou ensaio Xina Vega, Álvaro Cunqueiro, unha poética da reacción
1997 (VII edición)[5] Narración curta Xoán Xosé Piñeiro Cochón, Coa lei de costas
Investigación lingüística ou ensaio premio deserto
1998 (VIII edición)[6] Creación literaria Xosé Luís Martínez Pereiro, As irmáns bastardas da ciencia
Investigación literaria ou lingüística Henrique Rabuñal, Manuel Murguía
1999 (IX edición)[7] Creación literaria Carlos Quiroga, Periferias
Investigación lingüística Xosé Manuel Sánchez Rei, Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego
2000 (X edición)[8] Creación literaria Xosé Vázquez Pintor, Quen faga voar
Investigación lingüística ou ensaio Xoán Carlos Lagares, E por esto fez este cantar
2001 (XI edición)[9] Creación literaria Rosa Aneiros, Corazóns amolecidos en salitre
Investigación lingüística ou ensaio Antonia López García, Se as aves insisten na ledicia. A obra de Bernardino Graña
2002 (XII edición) Creación literaria Félix Rodal, A cor do cabalo
Investigación lingüística ou ensaio Roberto López-Iglésias Samartim, A dona do tempo antigo
2004 (XIII edición) Creación literaria Paulino Pereiro, Habitar as illas
Investigación lingüística ou ensaio Raquel Vello, Muiller nobre, ilustrada, dramaturga
2005 (XIV edición)[10] Creación literaria Carlos Quiroga, Inxalá
Investigación lingüística ou ensaio Miguel Louzao Outeiro, Letras da Cal na produción poética galega dos 90
2007 (XV edición)[11] Creación literaria Paula San Vicente, Fío de contas
Investigación lingüística ou ensaio Xosé Manuel Maceira, Un nacionalismo cívico e social
2008 (XVI edición)[12] Creación literaria Henrique Dacosta, Unha mada de relatos
Investigación lingüística ou ensaio premio deserto
2009 (XVII edición) Creación literaria
Investigación lingüística ou ensaio
2010 (XVIII edición)[13] Creación literaria premio deserto
Investigación lingüística ou ensaio Manuel Castelao Mexuto, Eludicións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas teatrais de Carvalho Calero
2012 (XIX edición) Creación literaria
Investigación lingüística ou ensaio Luis García Soto, O labirinto da saudade[14]
2014 (XX edición)[15] Creación literaria María Cristina Pavón Mauriz, A busca da orixe perdida das especies
Investigación lingüística ou ensaio Isaac Lourido, História litéraria e conflito cultural. Bases para umha história sistémica da literatura na Galiza
2016 (XXI edición)[16] Creación literaria premio deserto
Investigación lingüística ou ensaio Carlos Caetano Biscaínho, Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen tregua

Notas

  1. "Informe bestiario". Laiovento. 
  2. "Mar para todo o sempre". Laiovento. 
  3. "Informe de Literatura 1995" (PDF). Centro Ramón Piñeiro. 
  4. "Informe de literatura 1996" (PDF). Centro Ramón Piñeiro. 
  5. "Informe de literatura 1997" (PDF). Centro Ramón Piñeiro. 
  6. "Informe de literatura 1998" (PDF). Centro Ramón Piñeiro. 
  7. "Informe de literatura 1999" (PDF). Centro Ramón Piñeiro. 
  8. "Informe de literatura 2000" (PDF). Centro Ramón Piñeiro. 
  9. "Informe de literatura 2001" (PDF). Centro Ramón Piñeiro. 
  10. "Medulio publica las obras ganadoras del Carballo Calero". La Voz de Galicia. 24 de novembro de 2006. 
  11. "Concello e Asociación Medulio entregan os Premios de Literatura e Ensaio Carvalho Calero". Galicia Digital. 18 de decembro de 2018. 
  12. "Henrique Dacosta gaña o premio Carvalho Calero de narración curta". Cultura Galega. 7 de xullo de 2008. 
  13. "Ditames do XVIII Certame de ensaio e narrativa Carvalho Calero". AELG. 12 de novembro de 2010. 
  14. "Luis García Soto gana el XIX Premio Carvalho Calero". El Correo Gallego (en castelán). 5 de outubro de 2012. 
  15. "Isaac Lourido e Cris Pavón, gañadores do premio Carvalho Calero". AELG. 6 de outubro de 2014. 
  16. "Acta do xurado da XXI edición do Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación lingüística e creación literaria 2016" (PDF). Concello de Ferrol. 13 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya