Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Premio Lois Tobío ao Libro Traducido

Premio Lois Tobío ao Libro traducido foi un galardón, existente entre 2005[1] e 2015, que entregaba a Asociación Galega de Editores á mellor obra traducida de cada ano cara á lingua galega, e que formaba parte á súa vez dos Premios da Edición[2]. O premio deixou de celebrarse tras a unión dos respectivos premios da AGE, a AELG e mais a Federación de Librarías de Galicia, que deu como resultado a Gala do Libro Galego, cuxa primeira edición aconteceu en 2016. O galardón era así mesmo un recoñecemento ao labor de tradución dun persoeiro das letras galegas, Lois Tobío Fernández.

Con este premio foron distinguidos, entre outros, María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle pola tradución conxunta do Ulises[3], Ramón Gutiérrez Izquierdo por Sonetos de Shakespeare[4], Isabel Soto e Xavier Senín por A odisea contada aos nenos[5] ou Darío Xohán Cabana por As floriñas de San Francisco[6].

Restrinxido ás obras publicadas polas editorais asociadas á AGE, nun principio optou por recoñecer os libros traducidos e publicados en lingua galega entre o 1 de decembro dun ano e o 30 de novembro do seguinte[7]. Máis adiante, adoptou un calendario regular e pasou a entregar os galardóns a ano vencido.

Edicións

Ano[8] Persoa premiada Obra
2005 (I edición) Mercedes Pacheco Manhattan Transfer de John Dos Passos (Sotelo Blanco)
2006 (II edición) Luís Fernández Rodríguez Don Xoán (contado por si mesmo) de Peter Handke (Sotelo Blanco)
2007 (III edición) Isabel Soto e Xavier Senín A odisea contada aos nenos de Rosa Navarro Durán (Rodeira-Edebé)
2008 (IV edición) Xesús Fraga Lolita de Vladimir Nabokov (Kalandraka)
2009 (V edición) Eva Almazán Contos completos de Edgar Allan Poe (Galaxia)
2010 (VI edición)
2011 (VII edición) Ramón Nicolás 30 gramos de Leonel Moura (Alvarellos)
2012 (VIII edición) Ramón Gutiérrez Izquierdo Sonetos de William Shakespeare (Xerais)
2013 (IX edición) Isaac Xubín Alén da fronteira. Sete poetas vascos (VV. AA.; Kalandraka)
2014 (X edición) María Alonso Seisdedos, Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle Ulises de James Joyce (Galaxia)
2015 (XI edición) Darío Xohán Cabana As floriñas de S. Francisco (anónimo; Alvarellos)

Notas

  1. Premios da Edición 2006, CCG, 19 de decembro de 2006.
  2. Finalistas dos Premios da Edición en 2014 Arquivado 11 de abril de 2017 en Wayback Machine., na páxina web da editorial Xerais.
  3. Cinco libros de Galaxia entre os finalistas dos premios da Edición [Ligazón morta], nova na web da editorial Galaxia o 18 de febreiro de 2014.
  4. Os editores premian a Queipo, Fernández Paz e Lois Pereiro, nova en Culturagalega.org o 12 de marzo de 2012.
  5. "«Versionar aos clásicos é moi positivo se se fai con respecto e moitocoidado»". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-01-24. Consultado o 2020-05-15. 
  6. Entregados os Premios Ánxel Casal da Edición de 2014, nova na Axenda da AELG o 16 de marzo de 2015.
  7. Premios da Edición 2005, Bretemas, 16 de novembro de 2005.
  8. Refírese ao ano de entrega do premio; isto é, o libro foi publicado no ano precedente.

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya